Rueda salienta a importancia das organizacións que conforman o sector pesqueiro para que Galicia siga sendo un referente nacional

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Encomia o labor de Anfaco-Cecopesca en prol do sector pesqueiro galego
  • Destaca que Galicia sexa a comunidade que máis exporta en produtos pesqueiros
  • Comparte a súa alegría polo traballo das empresas galegas no eido internacional

Vigo, 10 de maio de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia das organizacións que conforman o sector pesqueiro para que Galicia sexa un referente nacional neste ámbito.

Así o salientou no acto de entrega de medallas 2024 de Anfaco-Cecopesca. Un acto que serviu tamén para conmemorar á organización, que este ano cumpre 120 anos. Rueda aproveitou para encomiar o labor que fan desde a institución viguesa en prol do sector pesqueiro galego, destacando a súa unidade de acción: "É unha desas asociacións que realmente son representativas, que cando falan en nome dos seus asociados falan en serio".

Ademais, resaltou a súa importancia en que Galicia sexa a comunidade autónoma que máis produtos relacionados coa pesca exporta, e dándolles os parabéns por este aniversario tan especial: "Noraboa por tantísimos anos, e por ser un dos puntais do récord de exportación que Galicia volveu a ter o ano pasado", recalcou Rueda.

Neste sentido, o presidente recordou o compromiso do Goberno galego con todas as empresas, organizacións e persoas que conforman o sector pesqueiro galego, e compartiu a alegría que lle deu ver a forza das empresas galegas do sector durante a súa viaxe na Arxentina: "Sigamos traballando así. É un orgullo ver como moitas empresas galegas, a miles de quilómetros, están xerando moitísima riqueza, miles de postos de traballo".

Alfonso Rueda tamén quixo dar a súa noraboa aos premiados na gala de hoxe, salientándoos como un exemplo para toda a sociedade galega: "Moitísimas grazas por ese traballo que facedes, que é tanto como dicir o traballo de Galicia Calidade: é unha garantía".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24236 {"title":"Rueda salienta a importancia das organizacións que conforman o sector pesqueiro para que Galicia siga sendo un referente nacional","published_date":"2024-05-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887438\/240510_Pte_Mar_Anfaco_DCS-1.jpg","id":"24236"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-10/24236-rueda-salienta-importancia-das-organizacions-conforman-sector-pesqueiro-galicia-siga-sendo-referente-nacional https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.