Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital

Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral de Medios

Departamento: A Presidencia da Xunta - Secretaría Xeral de Medios

Estado actual: Consulta aberta

Prazo para remitir achegas/opinións: 03/05/2024 - 18/05/2024

Forma de remitir achegas/opinións: poderán ser presentadas cantas achegas/opinións se estimen convenientes por vía electrónica a través do formulario habilitado nesta mesma páxina.

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    O artigo 34.3 do Estatuto de Autonomía para Galicia establece que, no marco das normas básicas do Estado, a Comunidade Autónoma pode regular, crear e manter a súa propia televisión, radio e prensa e, en xeral, todos os medios de comunicación social para o cumprimento dos seus fins.

    En base a esta competencia estatutaria o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 9/1984, de 11 de xullo, de creación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, que permitiu a posta en marcha duns medios públicos de comunicación audiovisual en lingua galega e, con posterioridade, a vixente Lei 9/2011, de 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia.

    As modificacións introducidas polas directivas comunitarias, así como os cambios incorporados pola nova e recente Lei de Comunicación Audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos obrigan a reconsiderar o vixente texto legal co obxectivo de axustalo á referida normativa e aos hábitos de consumo televisivo. Os avances técnicos fixeron posible a converxencia entre servizos televisivos e outros servizos de comunicación audiovisual.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    • Adecuar a oferta da CRTVG á diversificación dos formatos audiovisuais nunha audiencia fragmentada e globalizada pola que compiten, non só prestadores do servizo de comunicación audiovisual tradicionais, senón prestadores globais.
    • Adecuar a CRTVG aos hábitos de consumo audiovisual e á fragmentación da audiencia.
    • Reforzar a misión e valores do servizo público do medio público de comunicación audiovisual autonómico.
  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    1. Adecuar a normativa autonómica á Directiva (UE) 2018/1808 do Parlamento Europeo e do Consello de 14 de novembro de 2018, pola que se modifica a Directiva 2010/13/UE sobre a coordinación de determinadas disposicións legais, regulamentarias e administrativas dos Estados membros relativas á prestación de servizos de comunicación audiovisual, tendo en conta a evolución das realidades do mercado e ao Regulamento (UE) 2024/1083 do Parlamento Europeo e do Consello de 11 de abril de 2024, polo que se establece un marco común para os servizos de medios de comunicación no mercado interior e modifícase a Directiva 2010/13/UE (Regulamento Europeo sobre a Liberdade dos Medios de Comunicación).
    2. Adecuar a normativa autonómica á Lei 13/2022, de 7 de xullo, Xeral de Comunicación Audiovisual.
    3. Posicionar á CRTVG para afrontar os retos ao que deben enfrontarse os medios públicos nun marco de competitividade de medios e servizos audiovisuais.
  • Obxectivos:

    • Configurar unha ferramenta para transmitir valores, significados e identidades, así como para contribuír a promover a identidade cultural e lingüística de Galicia.
    • Actualizar o marco regulatorio e normativo para avanzar na transformación e adaptación dos servizos públicos de comunicación audiovisual de Galicia á sociedade dixital.
  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    A consecución dos obxectivos marcados debe partir dun novo texto legal adaptado a nova estratexia europea sobre a transformación audiovisual e a sociedade dixital. 

  • Rango da norma:

    Lei

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23 {"title":"Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital","published_date":"2024-05-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"citizen_participation","category_text":"Consulta previa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23"} galicia A Presidencia da Xunta - Secretaría Xeral de Medios,Secretaría Xeral de Medios https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/citizen_participation/2024-05-03/23-lei-servizos-dos-medios-publicos-comunicacion-audiovisual-galicia-sociedade-dixital https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.