A Xunta colabora co Emevé na organización en Lugo do Campionato de España de Voleibol Infantil Masculino

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O evento desenvolverase desde este mércores ata o domingo, contará coa participación de 24 equipos e prevese que traerá á cidade a arredor de 2.500 persoas

Lugo, 27 de maio de 2024

A Xunta de Galicia colabora co Arenal Emevé na organización do Campionato de España de Voleibol infantil Masculino, que se desenvolverá en Lugo entre este mércores, 29 de maio, e o domingo 2 de xuño. Hoxe tivo lugar a presentación do programa, coa participación do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e do delegado territorial de Lugo, Javier Arias, entre outros.

O Goberno galego patrocina a través de Turismo de Galicia esta competición, que reunirá a preto de 500 deportistas de 24 equipos e traerá á cidade a arredor 2.500 persoas. Así mesmo, a Secretaría Xeral para o Deporte apoia ao club organizador a través de distintas liñas de axuda para o desenvolvemento de actividades e a adquisición de equipamento.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, puxo en valor o "excelente estado de saúde" do voleibol galego e, nomeadamente, do Arenal Emevé, cuxas siglas lembrou que significan "el mejor equipo de voleibol de España". Deste xeito aplaudiu os seus éxitos tanto na máxima categoría onde conta cun equipo masculino na Superliga e outro feminino na Liga Iberdrola, pero tamén na canteira, destacando que hai unha semana as rapazas do equipo feminino júnior proclamábanse campioas de España. O mandatario galego subliñou a importancia de protexer os "soños dos máis pequenos" con campionatos coma este e con todo o traballo que se fai dende o Programa Xogade.

Pola súa banda, Javier Arias gabou o esforzo do Emevé para organizar de novo un evento de ámbito nacional, logo do éxito alcanzado o pasado ano co campionato  feminino da mesma categoría que tamén se disputou en Lugo.

O partido inaugural da competición terá lugar o mércores ás 9.30 horas no polideportivo municipal Casa do Deporte, e dúas horas máis tarde debutará o anfitrión ante o seu público na mesma pista fronte ao CDV San Roque de Canarias. As semifinais celebraranse o sábado ás 17.00 e ás 19.00 horas, e a final o domingo ás 12.00 horas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
224414 {"title":"A Xunta colabora co Emevé na organización en Lugo do Campionato de España de Voleibol Infantil Masculino","published_date":"2024-05-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/882432\/270524+Presentacin+Campeonato+EspaNa+Infantil+Masculino+Volley+1.jfif","id":"224414"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-27/224414-xunta-colabora-co-emeve-na-organizacion-lugo-do-campionato-espana-voleibol-infantil-masculino https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.