Todas las noticias de c. de cultura, lingua e xuventude; en Galicia en los últimos 30 días
Más de 100 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
Martes 2 Julio 2024
López Campos sostén que o éxito da Lei de Cultura inclusiva reside na "implicación de todos os axentes"
- O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude afirmou, durante unha reunión co sector celebrada en Ourense, que a normativa "suporá un antes e un despois na creación de cultura e acceso á mesma"
- O texto acaba de recibir o visto e prace do Consello da Xunta para a súa tramitación no Parlamento galego, coa intención de que estea aprobada a finais de ano
- É a primeira vez que en Europa se regula nesta materia desde a perspectiva da inclusión e afonda na eliminación de barreiras físicas, cognitivas, comunicativas, sociais ou territoriais
O rapeiro canario Lucho RK e a fusión de músicas do mundo da banda galega de Ninghures abren esta semana o ciclo de concertos de 'Atardecer no Gaiás'
- As actuacións, con acceso libre e gratuíto, serán este xoves 4 e venres 5 de xullo ás 21 horas na Praza central da Cidade da Cultura
- En total, o ciclo programa durante xullo e agosto 16 citas musicais de estilos diversos para todos os públicos con presenza de grupos de Galicia, Madrid, Málaga, Cataluña, Canarias, Brasil e Portugal
- A iniciativa forma parte da campaña 'CulturON', que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten en marcha este verán con máis de 30 actividades diarias
A Rede de bibliotecas coordinada pola Xunta contará con 1.500 exemplares do libro do centenario do Celta de Vigo
- Os volumes de '100 anos de afouteza e corazón' doados polo club recollen a súa historia e tradición da man de coñecidos celtistas como Carlangas ou Alicia Barreiro
López Campos salienta o "enriquecemento cultural" que supón o programa de intercambio con outras comunidades para a mocidade galega
- O conselleiro destaca o "valor diferencial e engadido" destas actividades, que gozarán este verán máis de 300 rapaces e rapazas no País Vasco, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid, Cantabria e Castela-A Mancha
- A Xunta oferta entre xullo e agosto 11.533 prazas para a xuventude, o maior número da súa historia
Lunes 1 Julio 2024
López Campos celebra o inicio dun "verán de aventuras e convivencia" nos campamentos da Xunta
- Resalta "a gran calidade das actividades" da programación estival do Goberno galego á que se refire como "un referente no Estado"
- En total, participan nesta modalidade máis de 7.600 mozos e mozas, das cales 2.736 son na provincia da Coruña
- No caso das instalacións de Espiñeira, o número de rapaces é de 492, 120 por quenda no campamento 'Candilexas' e 12 participantes no 'Talentia', con propostas que van desde o teatro, excursións ou xogos de aventura
- A oferta en xeral da Administración autonómica para a xuventude entre xullo e setembro é de 11.533 prazas, o maior número da súa historia
A Xunta de Galicia apoia a dez voces emerxentes na IV Residencia Literaria da Cidade da Cultura
- O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, resaltou durante o acto de benvida a importancia de apoiar o talento novel na narrativa galega contemporánea
- Nesta edición, os residentes contarán coa colaboración de dous escritores que están despuntando no panorama literario actual: Irene Solà e Brais Lamela
- A iniciativa forma parte da campaña CulturON, que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten en marcha este verán con máis de 30 actividades diarias
Anxo M. Lorenzo agradece a implicación do sector na Feira do Libro de Vigo
- O director xeral de Cultura participa na inauguración da sétima parada do circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia
- Ata o domingo están previstas máis dun cento de propostas culturais entre presentacións de obras, sinatura de libros ou iniciativas para o público infantil
Domingo 30 Junio 2024
Anxo Lorenzo pon en valor a traxectoria de Maribel Outeiriño pola súa faceta divulgadora da figura de Otero Pedrayo
- O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asiste á entrega da XLII edición dos Premios Trasalba e á reunión do Padroado da fundación do autor
O Gaiás estrea este mércores o seu ciclo de Verán en Familia co premiado espectáculo de circo e maxia 'Karpaty'
- Karpaty, da compañía valenciana La Troupe Malabó, foi galardoado como mellor espectáculo circense no Premio Territorio Violeta 2024, mellor Vestiario polo Instituto Valencià de Cultura e co premio do público no Festival Transfronteirizo de Guareña
- O programa complétase con espectáculos de compañías galegas e doutros puntos da península como Crassh Xiri, Viva o Pop! ou De Vilatriste a Vilalegre os días 10, 17 e 31 de xullo respectivamente
- A programación forma parte da campaña CulturON, que a Xunta de Galicia ten en marcha este verán con máis de 30 actividades diarias
Sábado 29 Junio 2024
A Xunta potencia entre as actividades deste verán o coñecemento do patrimonio de Campo Lameiro
- O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre ofrece varias propostas para toda a familia como obradoiros, contacontos, ioga, visitas nocturnas e mesmo un escape room
- Con estas iniciativas desenvólvense un dos eixos estratéxicos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, como é a divulgación entre todos os públicos da riqueza patrimonial de Galicia
A Xunta amplía e diversifica os catálogos de lectura fácil promovendo a produción de 20 obras en galego
- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude adxudica a liña de axudas de carácter plurianual cun financiamento de máis de 88.000 euros
Viernes 28 Junio 2024
A Xunta impulsa o Plan de Xestión da Ribeira Sacra de cara á candidatura a patrimonio mundial
- A directora xeral de Patrimonio, Mª del Carmen Martínez, preside a reunión da Comisión Interdepartamental que se reactiva para coordinar os seguintes pasos
López Campos destaca a oportunidade formativa que ofrecen as bolsas en bibliotecas, arquivos e museos
- Resalta a importancia destas estadías "para crear un tecido profesional ben preparado para institucións esenciais na preservación e difusión da historia, a cultura, a arte e o coñecemento"
Jueves 27 Junio 2024
López Campos destaca as Festas de San Paio como un punto de encontro e reunión para a vila
A Estrada (Pontevedra), 27 de xuño de 2024 O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe na Estrada á procesión do Santísimo, unha das actividades enmarcadas nas festas de San Paio, ás que destacou como un punto de encontro e reunión para toda a veciñanza. "Os galegos temos a sorte de contar cun amplo abano de propostas festivas nas que divulgar e poñer en valor a nosa cultura e que forman parte da gran ...
A Xunta aborda no Consello de Cooperación Bibliotecaria accións a prol do libro e da lectura
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024 O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presidiu hoxe na Cidade da Cultura a reunión do Consello de Cooperación Bibliotecaria na que participaron representantes das bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, así como das bibliotecas escolares e da Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas de Galicia. Entre as cuestións analizadas, o rep...
Un estudo de contabilidade social estima en 23,6 millóns de euros o beneficio anual que a Cidade da Cultura xera á sociedade
- O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, avanza que, segundo o informe, por cada euro de investimento público o Gaiás xera 2,04 euros
- A análise, presentada ao padroado da Fundación Cidade da Cultura, foi levada a cabo en colaboración coa Universidade de Deusto
- A contabilidade social completa a contabilidade tradicional cunha estimación do valor daqueles servizos que non teñen prezo pero xeran un impacto positivo na cidadanía
Miércoles 26 Junio 2024
A Xunta pon en valor o legado de Camilo José Cela coa iniciativa "Esas nubes que pasan"
- O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asiste á primeira reunión do proxecto que finalizará cunha intervención artística ao carón do museo de Iria Flavia
- A proposta conta coa participación do colectivo Cestola na Cachola, o escultor Román Corbato e a escritora Yolanda Castaño, comisariados por Paula Cabaleiro
Lara Meneses recorda que o carné de alberguista pon a disposición da mocidade máis de 4.000 instalacións
- Nos vindeiros días as persoas que teñan activado o Carné Xove poden solicitar de maneira gratuíta este documento con validez en máis de 90 países
Valentín García chama a afondar na toponimia das cantigas co novo proxecto do Centro Ramón Piñeiro
- O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destaca o valor pioneiro desta iniciativa que converte en cartografía a lírica profana galego portuguesa
- A web está concibida como apoio á investigación sobre o movemento trobadoresco e para facilitar o labor docente tanto na universidade, como na ESO e no Bacharelato
- O mapa irase actualizando a medida que a comunidade investigadora avance na marcaxe de máis lugares
A Xunta celebra a decisión do Consejo Jacobeo de que os beneficios fiscais para as empresas que apoien o Xacobeo 2027 se amplíen a tres anos
- A proposta foi impulsada polo Goberno galego e defendida hoxe por López Campos, quen aplaude o recoñecemento ao papel de "embaixadores" dos valores e cultura xacobeas que realizan os patrocinadores
- O órgano de cooperación tamén aproba a declaración do Ano Santo 2027 como acontecemento excepcional de interese público, iniciativa tamén de Galicia
- O Consejo Jacobeo está formado polo Executivo central e as comunidades de Navarra, Aragón, Euskadi, A Rioxa, Castela e León, Cantabria, Asturias e Galicia
Martes 25 Junio 2024
A Xunta ofrece este verán plans culturais en máis de 200 concellos a través da campaña 'CulturON 2024'
- López Campos convida á cidadanía a sumarse a "unha oferta descentralizada e diversificada, accesible a todos os públicos que pon o foco nas zonas do rural"
- A campaña conta cunha media de 30 accións diarias e unha trintena de tipoloxías diferentes que van desde as artes escénicas, a música, a maxia ou a produción audiovisual ata os museos, as bibliotecas ou o patrimonio cultural
- O programa abrangue proxectos propios do Goberno galego e outros en colaboración coas administracións locais e entidades privadas
Belén do Campo participa na presentación do Fisterra Experience 2024 que terá lugar durante esta fin de semana no marco dos concertos apoiados pola Xunta
- A representante do Goberno galego participou hoxe na rolda de prensa de presentación do evento
- O festival celebra a súa IX edición do venres 28 de xuño ao domingo 30 de xuño
Lunes 24 Junio 2024
A Fundación Cidade da Cultura renovará a través dun concurso público a dirección de acción cultural para abrir unha etapa nova na súa programación
- A institución procura avanzar na internacionalización e dixitalización da cultura galega, no apoio á comunidade de creadores e na descentralización do Gaiás, transformándoo nunha factoría que exporte contidos a centros de dentro e fóra de Galicia
- A decisión pon fin a unha etapa de máis de doce anos con María Pereira Otero á fronte deste departamento, período no que a Cidade da Cultura consolidouse como unha das institucións culturais máis dinámicas da comunidade
- Nos próximos días aprobaranse as bases do concurso público para a elección da nova dirección seguindo os principios de transparencia, mérito e capacidade
A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas do programa do 'Voluntariado sénior'
- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina 100.000€ para colaborar coas persoas maiores de 55 anos no desenvolvemento de actividades de voluntariado
- A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está dirixida a entidades privadas sen ánimo de lucro e a organismos locais
Domingo 23 Junio 2024
A Xunta colabora con 14 audiolibros para favorecer o acceso universal á lectura e a creación literaria
- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude adxudica a liña de axudas posta en marcha por primeira vez o pasado ano
- Na convocatoria atópase o formato sonoro de Pel de cordeiro, o último libro de Ledicia Costas, e ademais na plataforma GaliciaLe vanse incluír catro clásicos da literatura galega en versión dixital
A Xunta destina 800.000 euros aos novos espectáculos de 29 compañías galegas de artes escénicas
- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publica a concesión das axudas á creación escénica, a través das que subvenciona sete propostas de novas formacións, cinco pezas de danza e 15 espectáculos de teatro, circo e maxia
- Elefante Elegante e Chévere son as beneficiarias na modalidade de actividade escénica plurianual, recibindo 100.000 e preto de 97.000 euros respectivamente para desenvolver a súa planificación artística e empresarial ata 2026
Sábado 22 Junio 2024
Belén do Campo destaca o crecemento do Camiño Inglés sendo a cuarta opción máis elixida polos peregrinos
- A delegada da Xunta participou na inauguración do evento Primavera no Camiño Inglés que se celebra hoxe nos Xardíns de Méndez Núñez organizada pola Asociación de Municipios do Camiño Inglés
A Xunta fomenta a formación en bibliotecas, arquivos e museos coa adxudicación de 73 bolsas neste eido
- As listaxes das persoas beneficiarias para o período 2024-2025 poden consultarse no Diario Oficial de Galicia
- O Goberno galego proporciona a oportunidade de complementar os estudos académicos nestas institucións culturais, creando un tecido de profesionais
Viernes 21 Junio 2024
Arias gaba o labor da asociación 'Amigos de Manuel Jorge' para crear un centro cultural en homenaxe ao arquitecto chantadés
Lugo, 21 de xuño de 2024 O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do proxecto da asociación Amigos de Manuel Jorge para crear un museo na súa homenaxe en Chantada que sexa, á súa vez, o Centro de Cultura Contemporánea da Ribeira Sacra. Arias afirmou que a iniciativa será un impulso importante para o protagonismo cultural da vila dentro dunha comarca que aspira a ser Patrimonio da Humanidade. ...
A Xunta apoia a tradicional festa do Becerro ao espeto da Piringalla, que contará de novo coa colaboración de ACRUGA
Lugo, 21 de xuño de 2024 A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, e o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitaron os preparativos da XXIII edición do Lumenovo, a auténtica festa do Becerro ao espeto, que se celebrará no barrio da Piringalla este domingo. No encontro estivo presente unha nutrida representación da Asociación de Veciños, co seu presidente, Ricardo Varela á cabeza, xunto a César Dorado, presidente de AC...
O Centro Ramón Piñeiro presenta a nova versión do Corpus de Referencia do Galego, que permite recoñecer formas con seseo
- Valentín García pon en valor esta aplicación informática polo seu carácter "potente, flexible e innovador" á hora de facilitar investigacións "cada vez máis amplas e variadas"
- A actualización de recursos incorpora un dicionario de frecuencias de usos do noso léxico
A Consellería de Cultura renova á coreógrafa Kirenia Martínez como directora do festival 'Escenas do cambio' da Cidade da Cultura
- O director xeral de Cultura subliña a aposta en firme pola diversidade do talento, pola creación galega e pola atracción de novos públicos
- Kirenia Martínez responsabilizouse da décima edición desta cita coa vangarda escénica contemporánea celebrada en maio con máis dun milleiro de asistentes
A Xunta avánzalle ao sector audiovisual as novidades do fondo de 2 M€ para a atraer rodaxes a Galicia
- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publicará a semana que vén as bases destas subvencións, coas que se lle dá continuidade á liña de apoio que tivo maior impacto das convocadas ao abeiro do Hub Audiovisual 2021-2023
- Búscase impulsar a proxección da nosa Comunidade como escenario de producións internacionais, garantindo cando menos catro semanas de filmación en localizacións galegas cun gasto mínimo de entre 1M€ e 1,5M€
Jueves 20 Junio 2024
A Xunta financia con máis de 130.000 euros a actividade de sete salas de cinema que suman 20 pantallas en seis localidades
- Publícase a concesión da liña de subvencións destinada á modernización e xestión sostible destes espazos, á creación e fidelización de públicos e ao desenvolvemento dunha programación diversa e inclusiva
- Na valoración dos proxectos prestóuselle especial atención ao labor de exhibición de producións galegas, así como de dirección feminina ou novel
A Xunta organiza este sábado o Día da Xuventude en Tomiño con actividades de lecer saudable
- A consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ofrece á xente nova alternativas de ocio con compoñente educativo
- A praza do Seixo acollerá ata a tarde do sábado, 22 de xuño, actividades gratuítas de índole culinaria, artística, deportiva e realidade virtual
A Xunta e a Fundación Repsol fomentan a literatura galega coa XVIII edición do Premio Narrativa Breve
- Este galardón inclúe a publicación da novela coa Editorial Galaxia e unha contía económica de 12.000 euros
Miércoles 19 Junio 2024
López Campos reitera o valor cultural e patrimonial da Rapa das Bestas que está en proceso para ser BIC
- Recorda que a celebración xa é considerada de Interese Turístico Nacional e Internacional e que se trata dunha "tradición sobranceira que forma parte da memoria colectiva de Galicia"
Xunta e RAG incorporan 8.000 topónimos de Dumbría á plataforma Galicia Nomeada
- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, agradece a doazón realizada por Modesto García Quintáns e destaca a importancia do seu traballo para "fortalecer a identidade e o sentido de pertenza de toda Galicia"
A Xunta prevé investir 413.000 euros en corrixir a entrada de humidades na cabeceira da catedral de Lugo
- A Delegación Territorial acolleu hoxe unha xuntanza entre responsables do Goberno autonómico e do Concello porque será preciso actuar sobre espazos públicos e canalizacións para as obras de drenaxe
O Salón Teatro acollerá a estrea absoluta de 'Dique', a nova coprodución da Xunta e Nova Galega de Danza
- A última proposta da compañía recupera a historia esquecida das máis de 200 mulleres que traballaron na construción do Dique da Campá de Ferrol entre 1874 e 1879, a través dun diálogo entre danza a contemporánea e a tradicional
- Marta Pazos asina a dirección escénica e a dramaturxia da peza, que conta con Belén Martí Lluch na dirección coreográfica, oito bailarinas sobre o escenario e un equipo técnico e artístico integramente feminino
- A estrea absoluta será o venres 21 de xuño en Santiago de Compostela, con outras dúas funcións o sábado 22 e o domingo 23
A Xunta salienta o labor dos programas do voluntariado social para evitar a exclusión social da mocidade en situación de vulnerabilidade
- A directora xeral de Xuventude anima á participación nestas accións para construír unha sociedade "máis humanizada, xenerosa, tolerante e saudable"
A Xunta apoia a sétima Romaxe Viquinga do Vicedo, que se celebra o 26 e o 27 de xullo na praia de San Román
O Vicedo (Lugo), 19 de xuño de 2024 A Xunta apoia a sétima Romaxe Viquinga do Vicedo, que se celebrará o venres 26 e o sábado 27 de xullo na praia de Area Grande, en San Román. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación que tivo lugar na Casa da Cultura do Vicedo xunto co alcalde, Jesús Novo; o ilustrador dos carteis e camisetas oficiais, Cristian F. Caruncho; Queiman e Pousa, encargados da parte artíst...
Martes 18 Junio 2024
A Xunta e a Deputación convidan a redescubrir a beleza da Vía da Prata ao paso por Ourense a través da ollada de grandes nomes da fotografía clásica e actual
- A Vía da Prata. Aires do Sur reúne un cento de imaxes capturadas por referentes da fotografía do último século e medio, desde Nicolás Muller, Otto Wunderlich ou Jean Laurent a Ana Turbau, Carmenchu Alemán ou Cristina García Rodero
- O conselleiro de Cultura, José López Campos, presenta a mostra como unha oportunidade para gozar "da riqueza paisaxística e monumental da ruta xacobea que une Sevilla con Santiago de Compostela"
- Ourense, as súas vilas, paisaxes e tradicións, ocupan un lugar protagonista na escolma que nos achega a artistas clásicos da provincia, como José Suárez, e contemporáneos, como Tere Fernández, Antón Buciños, Brais Lorenzo ou Miguel Muñiz
- Comisariada por Lucía Laín, poderá visitarse de balde ata o 1 de setembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel
A Xunta celebra a creación dun novo espazo cultural coa restauración do pavillón historicista de San Martiño Pinario
- O proxecto, posto en marcha en 2022 por iniciativa do Goberno galego, forma parte do Plan Director do Mosteiro
- A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude refírese a actuación como "un paso cualitativo" na "posta en valor" deste ben
A Xunta apoia a primeira edición do 'Valadouro Rock', que congregará a nove bandas o sábado en Ferreira do Valadouro
- O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa xunto cos promotores do festival, Agustín Claverol e Sergio Rubio
A Xunta apoia unha nova edición da tradicional festa do Becerro ao espeto do barrio da Piringalla
Lugo, 18 de xuño de 2024 A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación da XXIII edición do Lumenovo, a auténtica festa do Becerro ao espeto, que se celebrará no barrio da Piringalla este domingo. O acto contou coa participación da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, así como do delegado territorial, Javier Arias, e unha nutrida representación da Asociación de Veciños, co seu presidente, Ricardo Varela, ...
O Congreso Internacional Mundos Digitales volve situar Galicia no epicentro da animación e os efectos visuais co patrocinio da Xunta
- Celébrase na Coruña do 4 ao 6 de xullo co foco posto nas aplicacións da Intelixencia Artificial e na chegada das producións virtuais en tempo real ao sector da radiodifusión
- Presentacións, máster class, proxeccións, o Festival Internacional de Curtametraxes de Animación e a Feira do Emprego son os eixos principais da programación
Lara Meneses destaca o Pasaporte Solidario'como un programa que difunde o compromiso e a implicación social no alumnado
- A directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, entrega os diplomas aos cativos do colexio Carmelitas de Ourense en recoñecemento polo seu traballo nesta iniciativa
- A representante da Xunta de Galicia destacou a importancia de "promover os valores da solidariedade" a través de proxectos coma este
A Xunta colabora coa fundación SGAE na celebración dun Día Europeo da Música con acento galego
- Carolina Rubirosa, Gargantúa, De Vacas, Carlos Ares e o DJ set de Abraham Boba son as propostas escollidas para representar a diversidade musical do país na xornada festivaleira que terá lugar o vindeiro 21 de xuño
- Os concertos de 'Acento. Día da Música' desenvolveranse no adro da sede SGAE, en Santiago de Compostela, con acceso libre para o público
Lunes 17 Junio 2024
López Campos anuncia que a restauración do Templo Votivo do Mar rematará no primeiro semestre de 2025
- Lembra que a Xunta investirá máis de 430.000 euros nas actuacións para resolver as patoloxías causadas polo paso do tempo neste ben de Nigrán
- Pon en valor o traballo previo dos técnicos da Consellería de Cultura, que supervisaron a elaboración dun modelo 3D para concretar as actuacións a aplicar
Anxo M. Lorenzo gaba a capacidade do alumnado de Primaria e ESO para achegarse á figura do Picasso coruñés
- O director xeral de Cultura participou na entrega dos premios do IX Concurso de Debuxo Picasso, organizado pola Asociación da Prensa da Coruña co apoio da Xunta
López Campos agradece a "contribución" de Takekazu Asaka coa proxección internacional de Galicia
- O titular de Cultura da Xunta salienta o compromiso de máis de tres décadas do recentemente nomeado académico de honra da Real Academia Galega
- A súa obra traducida ao xaponés supón un nexo de unión entre a cultura e a lingua de ambos países
A Xunta colabora coa Asociación Sagrado Corazón no campamento deportivo que desenvolverá a última semana de xuño
- Está orientado a menores de entre 6 e 14 anos e terá sedes en Lugo, Portomarín e Castro de Rei
A Axencia Galega das Industrias Culturais e a Spain Film Commission abordan liñas de colaboración conxunta
Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024 O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, recibiu hoxe na Cidade da Cultura de Galicia o secretario da Spain Film Commission, Juan Manuel Guimeráns, con quen abordou as futuras liñas de colaboración conxunta entre a entidade estatal e a Xunta de Galicia, coa mirada posta na próxima entrada en funcionamento da Galicia Film Commission. Na xuntanza, na que tamén participou ...
O Curso de Medios Audiovisuais de Celanova cumpre 20 anos de formación e reflexión para o sector co apoio da Xunta
- Organizado pola Fundación Carlos Casares co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais, desenvolverase do 24 ao 28 de xuño en Celanova
- O programa analizará o cinema actual a través dos equipos técnicos de filmes como '+Cuñados', 'As neves' ou 'Tratamos demasiado bien a las mujeres'
- A matrícula para participar permanecerá aberta ata este xoves 20 de xuño
A Cidade da Cultura ofrecerá mochilas vibratorias no Día da Música para achegar esta experiencia a persoas con discapacidade auditiva
- A medida enmárcase nas iniciativas da Xunta para acadar os obxectivos que se recollen na Lei de Cultura Accesible e Inclusiva de Galicia
- O día do concerto de Budiño instalarase un punto onde as persoas interesadas en probar os equipos contarán con asistencia técnica e unha intérprete en lingua de signos
Domingo 16 Junio 2024
A Xunta convoca os Premios da Cultura Galega 2024
- Os galardóns recoñecen o labor creativo e a expansión a novos espazos nos ámbitos das Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.
- As institucións e entidades culturais ou profesionais relacionadas con cada categoría contan con dous meses de prazo para enviar as súas candidaturas.
Sábado 15 Junio 2024
López Campos enxalza os Premios Antonio Palacios que se celebran por primeira vez no Porriño
- O conselleiro destaca a importancia deste tipo de iniciativas que ademais de recoñecer a figura "dun veciño ilustre" tamén "recoñecen a dedicación e traballo doutras persoas"
López Campos salienta que os premios Losada Diéguez "reflicten a vixencia do espírito da Xeración Nós"
- Pon en valor o prestixio destas distincións que na súa XXXIX edición premian un ensaio de Rafael Otero Janeiro e unha novela de Iria Morgade
O circuíto da Xunta 'Cultura no Camiño' levará este verán 305 actuacións escénicas e musicais a 88 localidades das rutas xacobeas
- O concerto de Paty Lesta & The Hits en Vilagarcía de Arousa, o teatro infantil de Bandullo Azul e as narracións de Cris de Caldas en Barreiros inauguran hoxe a 12ª edición do programa
- A Consellería de Cultura, en colaboración cos concellos participantes, ofrece ata o 31 de agosto as actuacións de máis de 140 artistas, bandas e compañías en moitas citas ao aire libre e ao pé dos distintos Camiños a Santiago
- Os concertos de Rosa Cedrón, Antía Muíños ou Catuxa Salom forman parte dunha ampla oferta que inclúe tamén propostas de circo, maxia, danza e teatro da man de compañías como Barafunda, Ghazafelhos ou Redrum Teatro
Viernes 14 Junio 2024
Anxo Lorenzo destaca o papel de A Furgoteca no impulso dunha cultura máis inclusiva e accesible
- O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor o impacto deste tipo de proxectos nos hábitos de lectura dos galegos
- Desde a súa posta en marcha, a biblioteca móbil da Xunta recibiu máis de 14.300 visitas e facilitou a creación de preto de 1.400 carnés case 15.000 préstamos
A delegada territorial de Ferrol saúda aos escolares da cidade que participaron no reto TikTok Ilustrado
Ferrol, 14 de xuño de 2024 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, saudou esta mañá, na praza de Armas, aos participantes no reto escolar TikTok Ilustrado, unha actividade organizada polo Concello de Ferrol no marco do IV Festival Ilustrado. A cita contou coa implicación dun millar de escolares de varios centros educativos da cidade que escenificaron un minué en formato TikTok co que reforzar así a candidatura "Cidade d...
'Atardecer no Gaiás' programa 16 citas musicais ao aire libre con ritmos urbanos e latinos, 'neo-tradi', pop e electrónica para os seráns de xullo e agosto
- O cartel inclúe sete grupos galegos: De Ninghures, Flow do toxo, A Pedreira, Amoebo, Alana, ALARIDO e Santi Araújo, que demostran a variedade do talento musical do país
- Actuarán tamén artistas estatais e internacionais como o portugués Branko, o combo arxentino-brasileiro Mandale Mecha, o popular rapeiro canario Lucho RK ou as bandas emerxentes Naked Family, Faneka e Bewis de la Rosa, entre outras
- O ciclo de concertos impulsado pola Xunta de Galicia na Cidade da Cultura co apoio de Cervezas Alhambra decorrerá os xoves e venres do 4 de xullo ao 30 de agosto
- Todos as actuacións serán na Praza central do Gaiás a partir das 21,00 horas, con entrada de balde
Jueves 13 Junio 2024
López Campos pon en valor a iniciativa de divulgar a colección de arte do Parlamento por toda Galicia
- A retrospectiva, que reúne pezas da colección de arte da Cámara galega, chega á Coruña tras o seu paso por Vigo, Ferrol, Lugo e Pontevedra
- O titular de Cultura da Xunta destaca a importancia de achegar á cidadanía "un patrimonio artístico descoñecido por moita xente"
López Campos agradece o seu nomeamento como valedor da Rosa en Mos
Mos (Pontevedra), 13 de xuño de 2024 O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe á Festa da Rosa, na que foi distinguido como valedor da Rosa, e á que tamén asistiron os conselleiros de Educación, Ciencia, Universidades e FP e de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Román Rodríguez e María Martínez Allegue. Nesta celebración, o responsable de Cultura da Xunta deu as grazas á vila de Mos po...
A Feira do Libro chega a Redondela con máis dunha trintena de actividades vinculadas á lectura
- Trátase da sexta parada do circuíto cultural impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia
- A Alameda acollerá ata o domingo 16 de xuño unha trintena de actividades que inclúen espectáculos, presentacións, sinaturas de libros e sesións de teatro infantís
O Centro Dramático Galego avanza na súa proxección exterior con 'Na hora dos cans', a nova coprodución do proxecto europeo Nós/Nous
- O Salón Teatro acolle tres funcións gratuítas o venres e o sábado ás 20,00 h. e o domingo ás 19,00 h., con convites dispoñibles cada día no despacho de billetes
- A peza é unha cocreación de Ana Carreira, Nuno M. Cardoso e o equipo integrado por profesionais e alumnado de Galicia, Portugal e Francia
- Este é o terceiro espectáculo que se estrea no marco do programa europeo Erasmus+K2, despois de 'Tartufo' en 2022 e 'Ifixenia' en 2023
A Temporada Lírica da Coruña conta co apoio da Xunta para unha 72ª edición con Puccini como protagonista
- A posta en escena de 'La Bohème' os días 8 e 10 de setembro abrirá a programación de 2024, que terá como eixo central a homenaxe ao gran compositor italiano no centenario do seu pasamento
- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude contribúe con 160.000 euros á organización da carteleira que se estende ata finais de novembro
- A ópera 'L'elisir d'amore', a estrea de 'Pálido punto azul' ou os recitais de Marko Mimica e Hui He son outras das citas destacadas deste ano
O espírito Ribeiro 2024 preséntase na Casa de Galicia en Madrid
Madrid, 13 de xuño de 2024 O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación da IV edición do Festival espírito Ribeiro que acollerán as vilas ourensás da Arnoia, Cenlle e Castrelo de Miño, unha marca experiencial que se articula ao redor de tres días de actividades (música, gastronomía, viños) e unha selección de expositores de Artesanía de Galicia nos tres concellos os próximos 28, 29 e 30 xuño...
Miércoles 12 Junio 2024
A Xunta colabora coa organización do 19º congreso estatal de salas de música en vivo, que se celebra en Lugo do 18 ao 20 de xuño
- O delegado territorial, Javier Arias, e o director de Agadic, Jacobo Sutil, participaron hoxe na presentación deste encontro no que participarán máis de 70 responsables de locais de toda España
O Centro Dramático Galego pon en marcha unha nova edición da Bolsa de Dramaturxia
- O obxectivo desta iniciativa impulsada en colaboración con diferentes colectivos culturais é seleccionar un proxecto de escrita dramática para súa coprodución coa unidade teatral da Xunta de Galicia
- Destínanse 6000 euros para a contratación desta dramaturxia, que deberá realizarse nun máximo de seis meses
O Carné Xove da Xunta posibilita descontos do 90% nos abonos do equipo SD Compostela
- A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, inicia a rolda de contactos con entidades deportivas de Galicia para que se acollan a este programa
Martes 11 Junio 2024
A Xunta iniciará nas vindeiras semanas o procedemento para declarar BIC a Rapa das Bestas de Sabucedo
- Considera que "é de xustiza" recoñecer o valor e interese sobranceiro desta manifestación cultural considerada de valor etnolóxico senlleiro
A Xunta colaborará co concello de Ferrol na celebración do 25 aniversario do pasamento de Torrente Ballester
- O Goberno galego destina 35.000€ ao desenvolvemento de distintas actividades entre obradoiros, publicacións, conferencias e representacións
- López Campos destaca "o compromiso da Administración autonómica con aquelas accións que axuden a promover a cultura galega e preservar a súa memoria"
O Arquivo Histórico Provincial de Lugo presenta dúas fotografías do fondo de Juan José na colección 'Documentos singulares'
- Ademais, celebra unha semana de portas abertas ofrecendo visitas guiadas con motivo do Día Internacional dos Arquivos
O Gaiás oferta espectáculos familiares ao aire libre de música, circo e monicreques os mércores de xullo
- Trátase dun total de catro actividades que se desenvolverán os mércores 3, 10, 17 e 31 de xullo con entrada libre e de balde ata completar capacidade
- Compañías galegas e de outros puntos da península como Valencia ou Portugal desprázanse ao Gaiás para traer os seus espectáculos
- O programa inclúe propostas como 'Karpaty', 'Crassh Xiri', 'Viva o Pop!' ou 'De Vilatriste a Vilalegre', que combinan teatro, música en directo, clown e circo
Lunes 10 Junio 2024
Valentín García agradece o compromiso de Coca-Cola para promover o uso da lingua
- O secretario xeral da Lingua entrega o premio autonómico a Teresa Hang Rigueiro do colexio San José de Lugo
- O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude sinalou a importancia de accións como esta que poñen de manifesto "a relevancia do uso da lingua galega entre a mocidade"
O director xeral de Cultura pon en valor o traballo de escrita de guións como xermolo dos éxitos do audiovisual galego
- Anxo M. Lorenzo dá a benvida na Cidade da Cultura aos máis de 50 guionistas e representantes de produtoras e televisións dunha ducia de países que participan na segunda edición do programa European Writers Club
- O encontro, que se desenvolve ata o día 15 en Santiago de Compostela, abriuse tamén aos profesionais galegos nunha sesión inaugural para a que se contou coa música en directo de Xabier Díaz
- A Xunta forma parte desta iniciativa europea, da que é socia fundadora, para promover a colaboración internacional na xeración de contidos para televisión e plataformas
A Sala Ártika programa 42 funcións de 29 compañías escénicas ata final de ano co apoio da Xunta
- O escenario vigués celebra 10 anos de cultura e arte con teatro familiar, espectáculos para público adulto e danza, combinando as propostas das compañías galegas Ibuprofeno, A Panadaría, Redrum, Os Náufragos, De Ste Xeito e a residente Ártika Cía. con montaxes procedentes de fóra de Galicia
- O espazo recibe 75.000 euros como membro da Rede Galega de Salas, integrado polos beneficiarios da liña de axudas ás salas privadas de artes escénicas á que a Consellería de Cultura destina en 2024 un total de 200.000 euros
Valentín García enxalza a orixinalidade na reinterpretación do traxe galego do CIFP Leixa
- O secretario xeral da Lingua participa, xunto coa delegada da Xunta en Ferrol, na entrega de premios do concurso organizado polo centro co apoio de PuntoGal
Manuel Pardo destaca "a natureza excepcional" das montañas de Galicia
- O delegado territorial valorou positivamente esta iniciativa e sinalou que este tipo de actividades "afondan na valorización da riqueza do noso medio natural"
- Organizadas polo concello de A Veiga e o Club de Montañismo Montañas de Trevinca, estas xornadas desenvolveranse os próximos 15 e 16 de xuño coa finalidade por en valor e instituír o día de 'A Montaña Galega'
Ana Ortiz destaca a figura do arquitecto Antonio Palacios na presentación da primeira edición dos premios que recoñecerán ao escritor Iglesias Veiga
- A delegada territorial da Xunta en Vigo participou este luns programación coa que se celebrará o centenario da Casa Consistorial do Porriño
Domingo 9 Junio 2024
López Campos salienta a "máxima protección" da ofrenda do Antigo Reino de Galicia tras a súa incoación
Lugo, 9 de xuño de 2024 O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na catedral de Lugo na Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, onde salientou a "máxima protección" coa que conta este acto institucional e relixioso tras a incoación como Ben de Interese Cultural do patrimonio inmaterial publicada o pasado venres no Diario Oficial de Galicia. Neste marco, o responsable de Cultura...
O concurso vigués Talent Show Megaestrelas premia aos mellores artistas emerxentes da cidade
- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou na gala dunha nova edición do certame
- O xurado concedeu o máximo galardón a Ariel Echeverry, o pequeno que destacou pola súa actuación coa batería
A Filmoteca de Galicia abre unha retrospectiva sobre o realizador brasileiro Leon Hirszman
- No mes de xuño continuarán os ciclos sobre o cineasta xaponés Yasujirō Ozu e o profesor e guionista galego Daniel Domínguez
- O venres 14 terá lugar a proxección dos traballos finais filmados polo alumnado do programa 'Cinema en curso'
- 'Diversimacine' ofrecerá unha selección de curtametraxes de ficción e documental con foco na inclusión e a diversidade, da man do Festival DiversidArte da Coruña
Sábado 8 Junio 2024
Valentín García participa en Cambados no acto de recepción de Takekazu Asaka como membro de honra da Real Academia Galega
- O secretario xeral da Lingua salienta a súa contribución á proxección exterior da lingua e da cultura galegas
Centos de persoas corren a Holi Gaiás para festexar a primavera baixo unha divertida poeira de cores
- O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, celebra o éxito de acollida e enmarca a cita no programa de actividades para abrir os espazos verdes do Gaiás á toda cidadanía
- A rapazada menor de 10 anos de idade súmase por vez primeira a esta xornada de festa ao aire libre en familia participando nunha 'Peque Holi' chea de cor
- A proba, que mestura deporte, natureza e música, conta co patrocinio de Viaqua e a colaboración da Federación Galega de Atletismo, Coca-Cola e Gadis
López Campos pon en valor a importancia da Orquestra Sinfónica de Galicia para a cultura musical
- O conxunto conta cun completo programa que inclúe 35 concertos, 15 en diferentes localidades de Galicia, así como importantes citas no resto do Estado
- O responsable autonómico de Cultura destaca a "grande oportunidade para a cidadanía que supón gozar destas actuacións"
A Xunta comparte con Asociacións de Camiños de Santiago os seguintes pasos da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial
- A directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez, participa no municipio lucense do Saviñao nunhas xornadas con estas entidades
Viernes 7 Junio 2024
López Campos agradece a implicación do instituto Rafael Dieste para "comerciar co uso da lingua"
- A cita celebrada na Coruña pon o peche neste curso á campaña de dinamización do galego impulsada polo centro co apoio do Goberno autonómico.
- O representante da Xunta celebra a boa acollida desta iniciativa que conseguiu a implicación de 200 colexios e 50.000 locais comerciais de toda Galicia
- O evento contou coa actuación de grupos como Leria, Lontreira, Boyanka Kostova ou Grande Amore
López Campos inaugura no Arquivo de Galicia unha mostra sobre saúde mental, cultura e inclusión social
- A exposición Mentes no labirinto reúne documentos do Hospital Psquiátrico de Conxo, en Santiago, do antigo de Toén e do de Piñor, ambos en Ourense
- Entre as pezas, 90 documentos e 20 obras, atópanse historias clínicas, escritos, debuxos ou pinturas
- O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude destaca "o traballo dos profesionais dos arquivos na preservación de materiais para comprender moitos aspectos da vida"
Valentín García convida ao alumnado do Instituto Cañada Blanch de Londres a "coñecer, vivir e aprender da cultura galega"
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2024 O secretario xeral da lingua, Valentín García, acompañou hoxe na Cidade da Cultura ao alumnado que estuda galego no Instituto Cañada Blanch de Londres e que está a visitar Galicia no marco do programa Viaxe da Lingua 2024, onde salientou a importancia deste tipo de iniciativas para a cultura e a lingua galega. Nesta xornada, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acompañou ...
O Coro Lugh ofrecerá un concerto este domingo na sede da Xunta en Lugo polo seu 25º aniversario
Lugo, 7 de xuño de 2024 O conxunto vocal Lugh ofrecerá un concerto polo seu 25º aniversario este domingo, 9 de xuño, no edificio administrativo da Xunta na capital lucense. Será no salón de actos a partir das 19,00 horas. O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, e representantes do coro presentaron hoxe a actuación, que estará adicada á cidade de Lugo. A agrupación interpretará 18 pezas do seu repertorio, q...
A Xunta conclúe unha nova campaña arqueolóxica no xacemento do castro do Sarridal, en Cedeira, co achado de restos da época prerromana
- A actuación, que conta cun investimento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de algo máis de 17.000 euros, desenvolveuse nesta ocasión na área posterior da sauna castrexa ou monumento con forno
A Xunta incoa o expediente de declaración BIC da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia
- O Diario Oficial de Galicia publica o inicio dos trámites deste proceso, o que supón a protección inmediata desta tradición con máis de 350 anos de antigüidade que reúne en Lugo a representantes das sete cidades do Antigo Reino de Galicia
- O expediente ten en conta que é unha das poucas manifestacións inmateriais vivas que "evocan a entidade política histórica de Galicia"
- Valórase que a cerimonia ten un valor cultural sobranceiro que se mantén de xeito ininterrrompido durante máis de tres séculos e medio "reflectindo o carácter de unión do pobo galego" o que supón un "feito único"
Jueves 6 Junio 2024
Valentín García destaca a importancia do premio Novela Europea Casino de Santiago no fomento da lectura
- A edición deste ano conta con Bernhard Schlink, Delphine de Vigan, Xabier Quiroga, Jacobo Bergareche e Jonh Banville entre os finalistas
A Xunta reafirma o seu apoio á Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia no seu 40º aniversario
- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude mantén a súa colaboración co Concello ribadaviense no marco da estratexia de apoio ás mostras de referencia para as artes escénicas galegas
- O Centro Dramático Galego estreará no festival 'Nada se sabe', en coprodución con Culturactiva, como parte das actividades coas que tamén está a conmemorar as súas catro décadas de traxectoria
- Recoñecidos nomes do teatro e a danza de dentro e fóra de Galicia danse cita nesta edición que, segundo a organización, será a máis plural, inclusiva e festiva da súa historia
López Campos anuncia a licitación das obras para restaurar o retablo da igrexa de San Xián de Laíño de Dodro
- A actuación conta cun prazo previsto de cinco meses e unha achega de 35.000 € para resolver os danos provocados pola humidade e afectación dos térmites
- Con estes traballos, a Xunta de Galicia completa a restauración dos tres retablos desta igrexa parroquial
A Xunta concederá 20 premios extraordinarios ao rendemento académico ao alumnado que remate este curso a ESO con resultados excelentes
- As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 6 de xullo para optar a lograr un galardón dotado con 1.000€ e un diploma acreditativo
A Xunta abre o luns o prazo para inscribirse nos minicampamentos de verán
- As actividades enmárcanse na campaña 'O teu mellor verán' da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e ofrecen 700 prazas para cativada entre 9 e 14 anos
- As solicitudes poderán enviarse a partir das 12,00 horas e a adxudicación de prazas será por rigorosa orde ata cubrir a totalidade da oferta
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.