López Campos anuncia que a restauración do Templo Votivo do Mar rematará no primeiro semestre de 2025

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Lembra que a Xunta investirá máis de 430.000 euros nas actuacións para resolver as patoloxías causadas polo paso do tempo neste ben de Nigrán
  • Pon en valor o traballo previo dos técnicos da Consellería de Cultura, que supervisaron a elaboración dun modelo 3D para concretar as actuacións a aplicar

Nigrán (Pontevedra), 17 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou hoxe que a restauración do Templo Votivo do Mar, no concello pontevedrés de Nigrán, estará rematada no primeiro semestre de 2025. Fíxoo durante a visita a esta edificación na que estivo acompañado pola directora xeral de Patrimonio, Mª del Carmen Martínez.

 

Tal e como lembrou o responsable autonómico de Cultura na súa visita, a Xunta de Galicia acaba de licitar estas obras de restauración por un orzamento de máis de 360.000€, aos que se lle deben engadir os custos de traballos previos, polo que o investimento do Goberno galego nestas actuacións superará finalmente os 430.000 euros. Trátase duns traballos que, segundo concretou, están dirixidos a "resolver as patoloxías causadas polo paso do tempo" neste ben autoría do prestixioso arquitecto Antonio Palacios.

 

Neste senso, o conselleiro puxo en valor o traballo previo desenvolvido para concretar as obras a desenvolver, xa que indicou que para levar a cabo estas intervencións, os servizos técnicos da Dirección Xeral de Xuventude supervisaron a elaboración do proxecto realizado con metodoloxía BIM a partir do modelo 3D do edificio. Ao respecto, precisou que  se trata dunha metodoloxía de traballo colaborativo na que se centralizan todos os datos e informacións dun proxecto "para facilitar a súa xestión e acadar un mellor resultado e eficiencia".

 

López Campos explicou que, tras detectar as deficiencias e patoloxías que afectan ao ben, especialmente ás vidreiras, rosetóns e forxados da torre, o Goberno galego "pon en marcha o proceso para iniciar as obras de restauración que permitirán garantir o gran valor histórico e artístico deste monumento do arquitecto Antonio Palacios localizado ao pé do Camiño de Santiago".

 

Así, adiantou que nos vindeiros meses, e unha vez completados os trámites administrativos, comezarán os traballos destinados a resolver os problemas derivados do envellecemento dos materiais e as filtracións de auga "co fin de permitir o uso cultural do conxunto". Cómpre lembrar que para isto, a Xunta de Galicia levou a cabo nos últimos anos un intenso labor para diagnosticar os motivos e axentes que causan o deterioro do ben co fin de acadar a mellor proposta para a súa conservación.

 

Construído en 1930

Para a execución desta actuación, cofinanciada pola Unión Europea a través do programa FEDER Galicia 2021-2027, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten firmado un convenio de colaboración coa Diócese de Tui-Vigo para a posta a disposición dos terreos e infraestruturas necesarias que permitan a execución das obras de conservación e restauración de varios inmobles eclesiásticos, entre os que se atopa esta igrexa.

 

O Templo Votivo Internacional do Mar, localizado no concello de Nigrán, foi realizado polo arquitecto Antonio Palacios e está protexido polo seu valor cultural ao estar incluído no Catálogo do Patrimonio Cultura de Galicia. Trátase dunha das obras máis destacadas da arquitectura sagrada galega recente, construído na década de 1930.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
272401 {"title":"López Campos anuncia que a restauración do Templo Votivo do Mar rematará no primeiro semestre de 2025","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150801\/Templo+Votivo+1.jpeg","id":"272401"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/272401-lopez-campos-anuncia-restauracion-do-templo-votivo-do-mar-rematara-primeiro-semestre-2025 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.