A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas do programa do 'Voluntariado sénior'
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina 100.000€ para colaborar coas persoas maiores de 55 anos no desenvolvemento de actividades de voluntariado
- A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está dirixida a entidades privadas sen ánimo de lucro e a organismos locais
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2024
A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria para que as entidades de acción voluntaria e os organismos locais soliciten acollerse ás axudas do programa Voluntariado sénior. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dotada con 100.000€ coa finalidade de ofrecer ás persoas maiores de 55 anos a oportunidade de desenvolver actividades de voluntariado, favorecendo así que manteñan unha vida activa e se contribúa a aproveitar, como sociedade, todos os seus coñecementos de vida.
O prazo para formar parte desta liña de subvencións estará aberto desde mañá e durante un mes. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Administración autonómica. Cómpre lembrar que o orzamento desta convocatoria repártese en 55.000€ para entidades privadas sen ánimo de lucro e 45.000€ para as entidades locais.
Requisitos a cumprir
Segundo as bases publicadas, non serán obxecto de subvención aqueles proxectos que conten con máis de 8 persoas participantes. No caso de que as solicitudes sexan achegadas por entidades locais resultado dunha fusión, agrupación, asociación, mancomunidade ou similar, a cifra de participantes poderá ser de ata 20 persoas.
No relativo a contía das axudas, será de ata 2.400 euros nos casos de que haxa 8 persoas voluntarias colaborando 3 horas ao día por un total de 60 días. Para os proxectos que conten con 20 persoas voluntarias colaborando 3 horas ao día por un total de 60 días será de ata 6.000€. Ademais, serán subvencionables as iniciativas que se realicen entre o pasado 1 de xaneiro e o vindeiro 31 de outubro deste ano e a súa duración debe comprender entre 15 e 60 días. As entidades locais poderán concorrer á convocatoria de xeito individual ou conxuntamente baixo fórmulas de agrupación, asociación, mancomunidade ou calquera outra similar.
Proxectos subvencionables
As temáticas das propostas que poden optar a estas axudas son as actividades relacionadas co Camiño de Santiago; accións de recuperación da cultura, arte e tradicións populares galegas; intervencións orientadas á conservación da natureza e creación de contornas saudables; proxectos relacionados coa igualdade de xénero ou actuacións orientadas á innovación e investigación en relación co benestar das persoas maiores.
Tamén serán subvencionables actividades cuxo obxectivo sexa a humanización das contornas rurais e urbanas; as que garden relación co fomento da utilización das novas tecnoloxías da información e comunicación; as que recollan iniciativas de mellora dos servizos comunitarios; as encamiñadas a orientar a eliminar estereotipos sobre as persoas maiores ou as propostas que fomenten a cooperación interxeracional como xeito de aprendizaxe mutua.