A Xunta celebra a decisión do Consejo Jacobeo de que os beneficios fiscais para as empresas que apoien o Xacobeo 2027 se amplíen a tres anos

Imagen del artículo A Xunta celebra a decisión do Consejo Jacobeo de que os beneficios fiscais para as empresas que apoien o Xacobeo 2027 se amplíen a tres anos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A proposta foi impulsada polo Goberno galego e defendida hoxe por López Campos, quen aplaude o recoñecemento ao papel de "embaixadores" dos valores e cultura xacobeas que realizan os patrocinadores
  • O órgano de cooperación tamén aproba a declaración do Ano Santo 2027 como acontecemento excepcional de interese público, iniciativa tamén de Galicia
  • O Consejo Jacobeo está formado polo Executivo central e as comunidades de Navarra, Aragón, Euskadi, A Rioxa, Castela e León, Cantabria, Asturias e Galicia

Pamplona (Navarra), 26 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia celebra a decisión tomada hoxe no Pleno do Consejo Jacobeo —o órgano de cooperación para promoción do Camiño de Santiago— de ratificar que o Ministerio de Cultura incorpore nos Presupuestos Generales del Estado 2025 que os beneficios fiscais para as empresas e entidades que apoien o Xacobeo 27 se amplíen a tres anos completos, como así se tiña aprobado con anterioridade na Comisión executiva desta entidade tras a solicitude feita pola Goberno galego.

Na reunión celebrada en Pamplona, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e da directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, foi o encargado de defender nesta reunión a proposta da Xunta para que o período de beneficios fiscais estea comprendido entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2027, fronte á previsión inicial do Goberno central que establecía os prazos desde outubro de 2025 a setembro de 2027.

López Campos aplaudiu que esta petición da Xunta obtivese o apoio do pleno do Consejo Jacobeo, xa que supón ampliación das excepcións fiscais das empresas que apoian o Ano Santo 2027 "con achegas para mellorar os proxectos vencellados co Xacobeo". Neste senso, defendeu que con esta ampliación o que se pretende é recoñecer o labor dos patrocinadores como "embaixadores dos valores e promotores da cultura xacobea".

Nesta mesma liña se pronunciou o director xeral de Turismo de Galicia, quen salientou a "transcendencia" desta medida para "a proxección turística" da Comunidade galega.

Cómpre lembrar que o Consejo Jacobeo está formado polo Executivo central e as comunidades de Navarra, Aragón, Euskadi, A Rioxa, Castela e León, Cantabria, Asturias e Galicia.

Acontecemento excepcional de interese público

O representante da Xunta de Galicia salientou que este incremento no prazo das excepcións fiscais é posible grazas a que neste encontro tamén se aprobou a declaración do Ano Santo Xacobeo 2027 como acontecemento excepcional de interese público, a iniciativa tamén do goberno galego.

López Campos cualificou de "transcendente e moi importante" esta declaración "para o futuro de Galicia e para do resto de España". Neste senso, lembrou que o Camiño de Santiago é un "eixe vertebrador de todo o territorio nacional, sobre todo das comunidades autónomas do norte da península e tamén do veciño Portugal".

O conselleiro fixo fincapé no feito de que en cinco anos se van celebrar dous Anos Santos —no 2027 e no 2030— polo que asegurou que todas as comunidades implicadas que conforman o Pleno Jacobeo están traballando para que estea "todo organizado" e ambas as dúas datas sexan "un éxito". "Todo este traballo vai ser fundamental para conseguir chegar con éxito a estes dous escenarios que son fundamentais na promoción do Camiño e da cultura xacobea, e tamén como motor económico e turístico de primeiro nivel", valorou.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
289037 {"title":"A Xunta celebra a decisión do Consejo Jacobeo de que os beneficios fiscais para as empresas que apoien o Xacobeo 2027 se amplíen a tres anos","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99612-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"289037"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/289037-xunta-celebra-decision-do-consejo-jacobeo-os-beneficios-fiscais-as-empresas-apoien-xacobeo-2027-se-amplien-tres-anos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.