Valentín García participa en Cambados no acto de recepción de Takekazu Asaka como membro de honra da Real Academia Galega

  • O secretario xeral da Lingua salienta a súa contribución á proxección exterior da lingua e da cultura galegas

Cambados (Pontevedra), 8 de xuño 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe no municipio pontevedrés de Cambados no acto de recepción como membro de horna da Real Academia Galega de Takekazu Asaka, do que salientou a súa "contribución á proxección exterior da lingua e da cultura galegas".

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor a contribución de Takekazu Asaka ao coñecemento da nosa lingua e literatura no Xapón, produto dos traballos, estudos e investigacións ao longo de máis de tres décadas. Precisamente, lembrou que ten vertido ao seu idioma materno obras de Rosalía de Castro ou Uxío Novoneyra, impartido clases de lingua e literatura galegas no seu país, publicados libros pioneiros para a aprendizaxe do galego desde o seu idioma materno e promovido a celebración do Día das Letras Galegas na contorna de Tokyo.

Embaixador da cultura galega no Xapón, Takekazu Asaka é Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Kansa Gaidai (Osaka) e impartiu clases de lingua, gramática e literatura galegas en varias universidades xaponesas e mais no Instituto Cervantes de Tokyo. Actualmente, é membro correspondente da Real Academia Galega e embaixador da cultura galega no Xapón As súas contribucións á proxección exterior da cultura galega foron recoñecidas, entre outras distincións, co XVI Premio Ramón Cabanillas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
250720 {"title":"Valentín García participa en Cambados no acto de recepción de Takekazu Asaka como membro de honra da Real Academia Galega","published_date":"2024-06-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"250720"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-08/250720-valentin-garcia-participa-cambados-acto-recepcion-takekazu-asaka-como-membro-honra-da-real-academia-galega https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.