Ana Ortiz destaca a figura do arquitecto Antonio Palacios na presentación da primeira edición dos premios que recoñecerán ao escritor Iglesias Veiga

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo participou este luns programación coa que se celebrará o centenario da Casa Consistorial do Porriño

O Porriño (Pontevedra), 10 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este luns na presentación a programación coa que o Concello do Porriño celebrará o centenario da súa Casa Consistorial e a convocatoria da primeira edición dos Premios Antonio Palacios. Durante o acto celebrado no edificio municipal, obra do insigne arquitecto, coa presenza do alcalde, Alejandro Lorenzo, e o deputado de Cultura, Jorge Cubela, anunciouse que o galardón recaerá no escritor, historiador e mestre Xosé Ramón Iglesias Veiga.

 

A representante autonómica sinalou que "lembrar a figura de Antonio Palacios é algo ao que todos debemos contribuír. É o arquitecto español máis destacado da primeira metade do século XX e a súa obra é fabulosa, tan só hai que contemplar o marabilloso edificio no que nos atopamos. Palacios soupo conxugar modernidade e tradición".

 

Pola súa banda, o alcalde anunicou que os premios se entregarán o día 15 de xuño, coincidindo do día en que se inaugurou a Casa do Concello. O premio será a reproducción dunha das esculturas máis emblemáticas da vila, a que preside a praza Arquitecto Antonio Palacios. "Quero agradecer enormemente a disposición do seu autor, o escultor Manuel Buciños, a que a súa obra sexa tamén a imaxe destes premios", afirmou o rexedor.

 

Pola súa banda, o deputado Jorge Cubela destacou que "para a Deputación, que é a casa dos concellos, é unha honra apoiar a celebración destes premios" e "trasladou a felicitación do Presidente a todos os veciños e veciñas por esta efeméride, por cen anos máis e porque sigamos poñendo en valor a todos os persoeiros que contribuíron a facer máis grande a historia do Porriño e da provincia de Pontevedra".

 

I Premios Antonio Palacios

O Premio Antonio Palacios á Cultura recoñecerá a aqueles que coa súa creatividade e paixón, manteñen vivas as nosas tradicións e fomentan a innovación artística. O Premio Antonio Palacios á Empresa destacará a emprendedores e entidades que non só acadaron o éxito comercial, senón que tamén demostraron un compromiso coa responsabilidade social e o desenvolvemento sustentable. O Premio Antonio Palacios ao Deporte recoñecerá a atletas, equipos e organización deportivas que demostraron excelencia na súa disciplina e promoveron valores como o traballo en equipo, a perseveranza e o xogo limpo. Pola súa banda, o Premio Antonio Palacios ao Social salientará a quenes fixeron contribucións significativas ao benestar da comunidade, exemplos de compromiso cívico que pode xerar cambios positivos.

 

Por último o Concello do Porriño concederá o Premio Antonio Palacios de Honor en recoñecemento a toda unha vida. O rexedor, revelou hoxe o nome da primeira persoa que recibirá o galardón: Xosé Ramón Iglesias Veiga.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
254481 {"title":"Ana Ortiz destaca a figura do arquitecto Antonio Palacios na presentación da primeira edición dos premios que recoñecerán ao escritor Iglesias Veiga","published_date":"2024-06-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150743\/20240610+PremioAntonioPalacios+1.jpeg","id":"254481"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-10/254481-ana-ortiz-destaca-figura-do-arquitecto-antonio-palacios-na-presentacion-da-primeira-edicion-dos-premios-reconeceran-ao-escritor-iglesias-veiga https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.