Anxo Lorenzo destaca o papel de A Furgoteca no impulso dunha cultura máis inclusiva e accesible

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor o impacto deste tipo de proxectos nos hábitos de lectura dos galegos
  • Desde a súa posta en marcha, a biblioteca móbil da Xunta recibiu máis de 14.300 visitas e facilitou a creación de preto de 1.400 carnés case 15.000 préstamos

Lugo, 14 de xuño de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe ao acto de fin de curso de A Furgoteca no colexio As Nogais de Lugo, onde destacou a boa acollida deste proxecto e o importante papel que desempeñan as bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia no impulso dunha cultura máis inclusiva e accesible.

Durante o acto, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude lembrou o compromiso do Goberno galego coa lectura e puxo en valor o impacto deste tipo de iniciativas no fomento deste hábito. Tal e como explicou, así se reflicte no estudo feito polo Goberno galego no que se recolle que o índice de lectura en Galicia atópase 1,4 puntos enriba da media estatal.

Nesta mesma liña, o director xeral de Cultura destacou que o proxecto de A Furgoteca encádrase na liña de traballo posta en marcha pola Xunta de Galicia para favorecer "unha cultura inclusiva e accesible en todo o territorio". Trátase dun obxectivo que vai en liña coa futura Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia ao chegar a aqueles concellos rurais nos que non existe servizo de bibliotecas dando así "resposta ás necesidades de todos os galegos para que vivan en igualdade de condicións", indicou o director xeral de Cultura.

Desde a súa posta en marcha, no ano 2023, o servizo das bibliotecas móbiles da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que a partir do vindeiro mes de setembro ampliarase cunha nova ruta, recibiu máis de 14.300 visitas que realizaron preto de 1.400 carnés de usuario. Ademais, facilitáronse case 15.000 préstamos e programáronse un total de 335 actividades de dinamización acadando unha participación de máis de 6.000 asistentes.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
265662 {"title":"Anxo Lorenzo destaca o papel de A Furgoteca no impulso dunha cultura máis inclusiva e accesible","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278510\/WhatsApp+Image+2024-06-14+at+12.30.34.jpeg","id":"265662"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/265662-anxo-lorenzo-destaca-papel-furgoteca-impulso-dunha-cultura-mais-inclusiva-e-accesible https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.