Valentín García destaca a importancia do premio Novela Europea Casino de Santiago no fomento da lectura

Imagen del artículo Valentín García destaca a importancia do premio Novela Europea Casino de Santiago no fomento da lectura

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A edición deste ano conta con Bernhard Schlink, Delphine de Vigan, Xabier Quiroga, Jacobo Bergareche e Jonh Banville entre os finalistas

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na presentación das novelas finalistas da XVIII edición do Premio de Novela Europea Casino de Santiago, onde destacou a importancia deste galardón na promoción da lectura e o espírito europeísta.

Neste senso, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude enxalzou esta iniciativa que conta co apoio da Xunta de Galicia e "que esperta e fomenta o interese pola lectura, implicando directamente á cidadanía na escolla das súas obras favoritas, tanto de Galicia como do resto do estado e a nivel europeo".

As cinco obras que resultaron finalistas desta edición son La nieta de Bernhard Schlink (Anagrama); Los reyes de la casa de Delphine de Vigan (Anagrama); Coa man esquerda de Xabier Quiroga (Edicións Xerais); Las despedidas de Jacobo Bergareche (Libros del Asteroide); e Las singularidades de John Banville (Alfaguara).

Ademais de Valentín García, no acto tamén estiveron o presidente da Asociación Cultural Casino de Santiago, Ubaldo Rueda; ás responsables do Comité de lectura, Maribel Martín, Loli Sans e Marian Rey; e aos responsables da Biblioteca José Saramago e Biblioteca Pública Ánxel Casal, Lupe Rodríguez e Jesús Torres respectivamente, colaboradores na promoción da lectura das novelas.

O Premio Novela Europea Casino de Santiago convirte á poboación de Santiago e doutras cidades do resto do estado e de outros países europeos nunha parte decisiva do galardón, votando entre as cinco obras que selecciona previamente unha comisión de expertos. Ademais, para achegar as novelas finalistas ao público, promover a lectura e a participación, na celebración deste premio tamén interveñen, entre outras entidades como librerías, comercios ou centros socioculturais, as bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
246320 {"title":"Valentín García destaca a importancia do premio Novela Europea Casino de Santiago no fomento da lectura","published_date":"2024-06-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150731\/PremiosNovelaEuropea.jpg","id":"246320"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-06/246320-valentin-garcia-destaca-importancia-do-premio-novela-europea-casino-santiago-fomento-da-lectura https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.