Un estudo de contabilidade social estima en 23,6 millóns de euros o beneficio anual que a Cidade da Cultura xera á sociedade

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, avanza que, segundo o informe, por cada euro de investimento público o Gaiás xera 2,04 euros
  • A análise, presentada ao padroado da Fundación Cidade da Cultura, foi levada a cabo en colaboración coa Universidade de Deusto
  • A contabilidade social completa a contabilidade tradicional cunha estimación do valor daqueles servizos que non teñen prezo pero xeran un impacto positivo na cidadanía
Imagen del artículo Un estudo de contabilidade social estima en 23,6 millóns de euros o beneficio anual que a Cidade da Cultura xera á sociedade
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, vén de presentar ao padroado da Fundación Cidade da Cultura de Galicia os resultados do novo estudo de Contabilidade Social do Gaiás, informe no que se estima en 23,6 millóns o beneficio que o Gaiás xerá a sociedade.

"Por por cada euro de investimento público, o Gaiás está a xerar un beneficio de 2,04 euros", subliñou López Campos, destacando que este informe foi elaborado en colaboración coa Deusto Business School da Universidade de Deusto, seguindo un modelo desenvolvido e avalado polo Centro Internacional de Investigación e Información sobre Economía Pública, Social e Cooperativa (CIRIEC).

Segundo o titular de Cultura do Goberno galego, estas cifras achegan "unha imaxe máis completa do papel que o Gaiás está a xogar para Galicia", ao sumar ao balance da contabilidade tradicional o valor que se está a xerar a través de cuestións que están fóra do mercado, como pode ser as actividades culturais de balde, a oferta formativa, os espazos de estudo e investigación da Biblioteca e do Arquivo de Galicia, a cesión das instalacións para organizar eventos, as áreas verdes de lecer, etc...

Tendencia positiva

As conclusións deste estudo, que se realizou tomando os datos do 2022, confirman unha mellora respecto aos datos do primeiro informe de Contabilidade Social do Gaiás, que se fixo tomando datos de 2019. Naquel estudo, por cada euro de investimento público, a Cidade da Cultura achegaba 1,85 á sociedade, agora este retorno elévase a 2,04, o que supón que o valor xerado duplica o investimento público.

O que fai a contabilidade social é traducir a cifras o valor que unha organización crea na súa contorna, sempre no que respecta a variables que, por non teren un prezo, non se reflicten na contabilidade tradicional, pese a que si son percibidas como valiosas pola cidadanía.

O estudo identifica unha serie de colectivos aos que a Cidade da Cultura lles está a aportar valor: sector cultural, sector educativo, persoas usuarias e visitantes, institucións públicas, colectivos residentes, provedores de servizos, sector turístico, traballadores, etc. Durante o proceso de avaliación realizáronse unha serie de entrevistas ou cuestionarios a estes colectivos, de cara a identificar en que eidos a Cidade da Cultura lles aporta valor. Deste xeito, determinouse que a xeración de coñecemento e divulgación da cultura é un dos eixos de actuación máis valorados do Gaiás, pero non o único, destacando tamén a atracción de programación externa, a formación e programa orientados ao crecemento profesional, a integración comunitaria ou a oferta de ocio de calidade.

Valor social integrado

A través da metodoloxía de Deusto, que emprega indicadores de aproximación -proxys-, o informe traduce a euros o valor daquelas variables polas que non se paga un prezo, como os espazos de estudo e investigación que ofrece a Biblioteca de Galicia, a programación expositiva e de eventos culturais, a oferta de ocio e lecer dos espazos naturais ou o viveiro empresarial do Centro de Emprendemento, entre outras. Así, cuantifícase o valor destas aportacións cifrándoo en 9,7 millóns. Este é o que se considera valor de non mercado.

Por outra banda, temos o valor de mercado, é dicir, o que xa recolle a contabilidade clásica. Neste caso, 13,9 millóns de euros que se corresponden co que xera a Cidade da Cultura a través da venda de entradas, contratos a artistas e provedores, pago de impostos, aluguer de espazos, etc.

A suma dos 9,7 millóns de euros de valor de non mercado e dos 13,9 millóns de valor de mercado conclúe que o valor social integrado que a Cidade da Cultura achega á sociedade é de 23,6 millóns, o que significa que por cada euro de investimento público recibida, o complexo ofrece un retorno de 2,04 euros para a sociedade.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/06/2024
291136 {"title":"Un estudo de contabilidade social estima en 23,6 millóns de euros o beneficio anual que a Cidade da Cultura xera á sociedade","published_date":"2024-06-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100208-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"291136"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-27/291136-estudo-contabilidade-social-estima-23-6-millons-euros-beneficio-anual-cidade-da-cultura-xera-sociedade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.