A Xunta celebra a creación dun novo espazo cultural coa restauración do pavillón historicista de San Martiño Pinario

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O proxecto, posto en marcha en 2022 por iniciativa do Goberno galego, forma parte do Plan Director do Mosteiro
  • A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude refírese a actuación como "un paso cualitativo" na "posta en valor" deste ben

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

A directora xeral de Patrimonio, Mª del Carmen Martínez, participou hoxe na inauguración das obras feitas no mosteiro de San Martiño Pinario, onde se acaban de completar os traballos de restauración do pavillón historicista. Trátase dun proxecto posto en marcha en 2022 por iniciativa do Goberno galego que vai permitir dotar este espazo de usos expositivos, museísticos e culturais. 

No acto, a responsable autonómica de Patrimonio salientou o firme compromiso da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude coa posta en valor e recuperación deste ben. Así o demostra, apuntou, a "implicación co valor sobranceiro" que a Xunta ten co Mosterio de San Martiño Pinario, despois de telo declarado Ben de Interese Cultural (BIC), "por ser un inmoble singular e de alto valor e interese histórico e arquitectónico".

Neste senso, Mª del Carmen Martínez explicou que desde hai anos o Goberno galego mantén unha "relación estratéxica de intervención e mellora progresiva" do Mosteiro de San Martiño Pinario. Ao respecto, lembrou que a Xunta elaborou un Plan Director, traballou na súa declaración BIC, tanto  do Mosteiro como preto de 200 bens mobles do seu interior, e colaborou na posta en marcha unha programación cultural. "E, agora, coa recuperación do seu pavillón historicista damos un paso cualitativo na súa posta en valor", aseverou.

Cómpre apuntar que, a partir deste Plan Director, solicitáronse unha serie de intervencións, asociadas á iniciativa do 1,5% cultural do Ministerio de Transportes e Axenda Urbana, para mellorar o recinto. Entre elas, estaba a restauración do pavillón historicista, inaugurado hoxe, e para a que a Xunta e Igrexa achegaron a contía non financiada polo Estado.

Recuperación para usos museísticos e expositivos

O pavillón historicista, un espazo situado nas zonas abertas do interior do conxunto monacal, data do século XIX. Nel víronse realizando nos últimos anos actividades de cantería e manexo dos materiais pétreos e serviu de almacén de pezas.

Polo tanto, a actuación consistiu na rehabilitación e a posta en valor do pavillón recuperando a tipoloxía construtiva orixinal, liberando os espazos ocupados polas construcións de ladrillo recentes e as instalacións e servizos dos obradoiros de cantería e carpintería. O resultado é un espazo diáfano e unitario que se destinará a un uso expositivo, museístico e cultural, vinculado ao museo e áreas culturais que xa existen no monumento e a aqueles que desenvolva a Arquidiocese de Santiago de Compostela. 

Ademais, tamén se recuperou a antiga estrutura de ferro fundido, a estrutura de tesoiras de madeira e a restauración dos muros de pedra que pechan o fondo do espazo e soportan igualmente a estrutura e a cuberta. A maiores, dotouse dun peche transparente e diáfano, de vidro e madeira, que permite desenvolver no interior os usos previstos e que respecta a imaxe orixinal de pavillón aberto. A intervención completouse coas instalacións e os espazos de servizos e auxiliares das instalacións e funcións do inmoble necesarios para a correcta posta en uso do mesmo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274494 {"title":"A Xunta celebra a creación dun novo espazo cultural coa restauración do pavillón historicista de San Martiño Pinario","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150804\/240618_DirectoraPatrimonio_+InauguracionObras_MAC-3.JPG","id":"274494"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274494-xunta-celebra-creacion-dun-novo-espazo-cultural-coa-restauracion-do-pavillon-historicista-san-martino-pinario https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.