O Curso de Medios Audiovisuais de Celanova cumpre 20 anos de formación e reflexión para o sector co apoio da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Organizado pola Fundación Carlos Casares co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais, desenvolverase do 24 ao 28 de xuño en Celanova
  • O programa analizará o cinema actual a través dos equipos técnicos de filmes como '+Cuñados', 'As neves' ou 'Tratamos demasiado bien a las mujeres'
  • A matrícula para participar permanecerá aberta ata este xoves 20 de xuño

Ourense, 17 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia apoia a celebración da vixésima edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC), organizado pola Fundación Carlos Casares dentro da oferta formativa de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo. A entidade, que leva dende o ano 2004 convocando cada verán na vila ourensá a profesionais do sector audiovisual para que analicen polo miúdo o seu labor xunto co alumnado participante, presentou esta mañá as liñas de traballo para a nova cita, que se desenvolverá do luns 24 ao venres 28 de xuño no Auditorio Municipal Ilduara.

Á presentación, celebrada no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, asistiu o director Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, que acompañou a Paulino Pérez Feijoo, codirector do curso, e os representantes das entidades e institucións implicadas.

Sutil felicitou á Fundación Carlos Casares e á Universidade de Vigo "por estes 20 anos dun curso de verán que foi o primeiro en activar un modelo formativo no que os nosos autores audiovisuais lle amosan ao alumnado o proceso creativo das súas obras" e destacou que nesta edición se vai facer analizando o sector do cine e o audiovisual a través do equipo técnico de filmes como +Cuñados, As neves, Tratamos demasiado bien a las mujeres, todos eles apoiados desde a Xunta a través das distintas liñas de estímulo á produción audiovisual propia ou da atracción de rodaxes.

O representante de Industrias Culturais engadiu que o taller do curso funciona tamén como "unha importante ferramenta práctica que ten como resultando unha morea de curtametraxes, nalgún caso a cargo de xoves creadores que hoxe están incorporados xa ao sector". Afondando na creación de novas vocacións e novos públicos, lembrou tamén outra das colaboracións coa Universidade de Vigo no eido do audiovisual a través do apoio ao programa anual AUGAL, que rematou xa a súa 13ª edición e que se integra na actividade formativa da Facultade de Comunicación, procurando afondar nos procesos creativos e técnicos do cinema e a televisión, co foco posto na máis recente produción galega e co obxectivo de ilusionar o alumnado que quere formar parte do sector.

Industria, cultura e identidade

Baixo o título 20 anos co cinema galego. Industria, cultura, identidade, os directores do Curso, Paulino Pérez Feijoo e Miguel Anxo Fernández, da Universidade de Vigo, convocaron para esta edición diversos perfís profesionais, artísticos e técnicos que analizarán filmes de estrea recente.

En concreto, para falar de +Cuñados, acudirán os actores Federico Pérez e Xosé Touriñán; o director de fotografía, Sergio Franco; o responsable da banda sonora orixinal, Santi Jul; o produtor executivo, Alfonso Blanco; e o director de produción, Javi Lopa.

Por parte do equipo de As neves participarán a directora e guionista, Sonia Méndez; a directora de produción, Silvia Fuentes; a produtora, Nati Juncal; a figurinista e xefa de vestiario, María Porto; e a xefa de maquillaxe e peiteado, Sonia García.

 O filme Tratamos demasiado bien a las mujeres, será analizado coa axuda do seu guionista, Miguel Barros; a produtora, Mamen Quintas; o escenógrafo, Elía Robles; o director de arte, Diego Cabana; o supervisor de postprodución, Fernando Alfonsín; o colorista Alfonso Merino; a deseñadora de vestiario, Sara Barcia; e a script, Mónica Alonso.

Ademais dos filmes, haberá espazo para unha máster class sobre road movies, impartida por José Manuel López, e abordaranse tamén as curtas Nena, de Xosé Touriñán e Jairo Iglesias; O frío, de Pablo Dopazo; Habitar, de Anxos Fazáns; Nai, de Tito Refoxo; e Betas, de Alberto Senín, todas con recoñecementos en distintos festivais. Así mesmo, está programada unha mesa sectorial coa participación de diversos axentes do sector e a presentación da webserie Dúas señoras, das directoras Uxía Soutullo e Luján Monteiro, a produción do último taller audiovisual Celanova, plató de ficción.

Actividades complementarias

Ademais de repasar a realidade do audiovisual galego e español, o ceMAc 2024 tamén analizará a figura de Carlos Velo, cuxa Fundación é a única de finalidade audiovisual en toda España. Organizarse unha ruta cultural polo Concello de Celanova e no Auditorio Municipal Ilduara instalarase unha pequena mostra fotográfica dos 20 anos de traxectoria do curso, nos que se rexistraron máis de 1.000 matrículas, teñen participado preto de 400 profesionais e docentes e lévanse proxectado máis dun centenar de filmes e pezas audiovisuais.

A matrícula pode formalizarse na plataforma Campus Activo da Universidade de Vigo ata o día 20 de xuño ou ata que acaben as prazas dispoñibles. O prezo é de 19 euros para as persoas vinculadas á devandita universidade e 30 euros para o resto da cidadanía. Ademais, quen o precise, pode optar a transporte e albergue gratuítos.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
271951 {"title":"O Curso de Medios Audiovisuais de Celanova cumpre 20 anos de formación e reflexión para o sector co apoio da Xunta","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150801\/roldaCeMAC1.jpg","id":"271951"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/271951-curso-medios-audiovisuais-celanova-cumpre-20-anos-formacion-e-reflexion-sector-co-apoio-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.