A Xunta concederá 20 premios extraordinarios ao rendemento académico ao alumnado que remate este curso a ESO con resultados excelentes

  • As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 6 de xullo para optar a lograr un galardón dotado con 1.000€ e un diploma acreditativo

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024

O alumnado que remate este curso 2023/24 os estudos de ESO con resultados excelentes poderá optar aos premios extraordinarios ao rendemento académico. A Xunta de Galicia abre a convocatoria na que un total de 20 alumnos poderán obter este galardón, dotado con 1.000 euros e un diploma acreditativo.

Para poder acadar este premio, os interesados deberán ter obtido no conxunto dos catro cursos da ESO unha nota media igual ou superior a nove puntos. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de xullo, e formalizaranse preferiblemente por medios electrónicos a través da aplicación dispoñible no Portal Educativo ou desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

O alumnado deberá realizar, a maiores, un exame presencial sobre materias de 4º da ESO que terá carácter único en todo o territorio galego e que se celebrará o 4 de setembro. A proba estruturase en dúas partes. A primeira delas constará de diversas cuestións referidas ás materias Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura (agás exencións recoñecidas) e Primeira lingua estranxeira. Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións teóricas e prácticas de Xeografía e historia, Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas ou Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas (a escoller) e dunha das seguintes materias a escoller: Bioloxía e xeoloxía, Economía, Física e química, Latín, Ciencias aplicadas á actividade profesional, Iniciación á actividade emprendedora e empresarial ou Tecnoloxía.

A primeira parte da proba desenvolverase nun tempo máximo de dúas horas, mentres que a segunda parte contará cun tempo máximo de 90 minutos. Os exercicios cualificaranse entre 0 e 10 puntos cun decimal e para poder aspirar ao premio, o alumando participante deberá obter, como mínimo, 5 puntos en cada unha das materias.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
246139 {"title":"A Xunta concederá 20 premios extraordinarios ao rendemento académico ao alumnado que remate este curso a ESO con resultados excelentes","published_date":"2024-06-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"246139"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-06/246139-xunta-concedera-20-premios-extraordinarios-ao-rendemento-academico-ao-alumnado-remate-curso-eso-resultados-excelentes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.