A Xunta de Galicia apoia a dez voces emerxentes na IV Residencia Literaria da Cidade da Cultura

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, resaltou durante o acto de benvida a importancia de apoiar o talento novel na narrativa galega contemporánea
  • Nesta edición, os residentes contarán coa colaboración de dous escritores que están despuntando no panorama literario actual: Irene Solà e Brais Lamela
  • A iniciativa forma parte da campaña CulturON, que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten en marcha este verán con máis de 30 actividades diarias
Imagen del artículo A Xunta de Galicia apoia a dez voces emerxentes na IV Residencia Literaria da Cidade da Cultura
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, acompañado pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, deulle hoxe a benvida ás persoas participantes na IV Residencia Literaria que a Xunta de Galicia programa no Gaiás desde hoxe ata o 13 de xullo. Trátase dunha iniciativa na que participan unha decena de autores emerxentes e que forma parte da campaña CulturON que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten en marcha este verán con máis de 30 actividades diarias.

Así, nestas semanas, as persoas participantes poderán nutrir a súa escrita man a man cos seus compañeiros, co director, Javier Peña, e cos autores convidados desta edición: a catalá Irene Solà e o galego Brais Lamela. A residencia eríxese como un espazo de aprendizaxe en común aberto á análise, á crítica e ao eloxio a través do que impulsar proxectos literarios incipientes.

Neste senso, Anxo M. Lorenzo salientou a importancia de seguir apoiando o talento emerxente na literatura galega desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Varios participantes en anteriores edicións da Residencia están sobresaíndo no panorama literario galego e nacional como é o caso de Sica Romero (Premio San Clemente de Novela), Fran Fernández Dávila (Premio de Narrativa Breve Repsol) e o propio Brais Lamela (Premio El Ojo Crítico de RNE), que pasou de ser alumno a convidado.

Tal e como explicou o director xeral de Cultura, nesta edición, recibíronse un total de 83 propostas, o que supón un récord de participación desde os seus inicios. "Son traballos, todos eles, dunha gran calidade que representan o bo momento que está a vivir a nosa escrita", apunto Anxo M. Lorenzo.

Novas voces para inspirar aos autores emerxentes

A escritora catalá Irene Solà tamén participará como convidada. É autora da popular novela Canto jo i la muntanya balla, traducida ao castelán (Canto yo y la montaña baila. Anagrama, 2019), o inglés, o francés, o alemán e o italiano, entre máis dunha vintena de linguas. Foi a primeira obra en catalán en gañar o Premio de Literatura da Unión Europea en 2020, ademais dos premios Maria Àngels Anglada, Punt de Llibre de Núvol e Cálamo Otra Mirada. O seu libro de poemas Bèstia (Premio de Poesía Amadeu Oller; Galerada, 2012) foi publicado en edición bilingüe castelán-catalán por La Bella Varsovia e tamén traducido ao inglés e ao italiano. A súa primeira novela, Els dics (L'Altra Editorial, 2018), publicada en castelán en Anagrama co título Los diques, gañou o Premio Documenta 2017. Et vaig donar ulls i vas mirar les tenebres (Deiche ollos e miraches as tebras, editada en galego por Kalandraka) é a súa última novela, un relato de historias e personaxes malditos máis alá do tempo que bebe do folclore rexional, o imaxinario e a tradición oral ao redor dos pactos co demo.

O lugués Brais Lamela, pola súa banda, é escritor, doutorando en Literatura e docente na Universidade de Yale (Estados Unidos). Con dezasete anos, recibiu unha bolsa para cursar o bacharelato internacional en Italia e desde entón reside no estranxeiro. Ninguén queda (Editorial Euseino?, 2022) é a súa primeira novela, coa que conseguiu o Premio da Crítica de Narrativa Galega 2022 e o Premio El Ojo Crítico de RNE de Narrativa en 2023, pola súa edición en castelán No queda nadie (Cuatro Lunas, 2023).

Este encontro, que materializa a aposta da Xunta de Galicia polo apoio á creación no campo das letras e da literatura dentro do programa de Residencias Artísticas do Gaiás (REGA), contou en edicións anteriores con outras escritoras sobresaíntes das letras galegas e españolas como Berta Dávila, Sara Mesa, Ledicia Costas, Marta Sanz, Brenda Navarro e Marilar Aleixandre.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 01/07/2024
297778 {"title":"A Xunta de Galicia apoia a dez voces emerxentes na IV Residencia Literaria da Cidade da Cultura","published_date":"2024-07-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/101055-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"297778"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-01/297778-xunta-galicia-apoia-dez-voces-emerxentes-na-iv-residencia-literaria-da-cidade-da-cultura https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.