López Campos salienta que os premios Losada Diéguez "reflicten a vixencia do espírito da Xeración Nós"

  • Pon en valor o prestixio destas distincións que na súa XXXIX edición premian un ensaio de Rafael Otero Janeiro e unha novela de Iria Morgade

Boborás (Ourense), 15 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou hoxe que os Premios Antón Losada Diéguez "reflicten a vixencia do espírito da Xeración Nós". Fíxoo no acto de entrega dos galardóns da XXXIX edición ao que asistiu co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e no que tamén estivo o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. Os premios recaeron no ensaio A Vera Cruz de Antonio Palacios, de Rafael Otero Janeiro, e na novela Quen escribirá a miña historia?, de Iria Morgade.

López Campos puxo en valor o prestixio destas distincións que convocan cada ano os concellos de Boborás e O Carballiño e que foron entregados no Pazo de Moldes, onde naceu o intelectual galeguista. O conselleiro apuntou que estes premios se teñen convertido, ao longo das súas case catro década de vida, "nunha das citas máis emblemáticas do panorama literario galego".

O responsable do departamento de Cultura, Lingua e Xuventude destacou a "inmensa honra" que lles debe supor para os autores e autoras premiadas estar tar vencellados ao nome de Losada Diéguez, do que enxalzou o seu o compromiso galeguista como membro da Irmandades da Fala, impulsor da revista e grupo Nós e correspondente da Real Academia Galega. De igual xeito, encadrou estes galardóns como unha "merecida e xusta homenaxe" ao labor que desenvolveu a prol do recoñecemento e valor da cultura galega.

Nesta edición, premiouse na modalidade de ensaio A Vera Cruz de Antonio Palacios, de Rafael Otero Janeiro, editada polo Centro de Estudos Carballiñeses, sobre o arquitecto Palacios. Na categoría de creación literaria, premiouse a obra Quen escribirá a miña historia?, editada por Galaxia e escrita por Iria Morgade e que está ambientada no Mosteiro de Oia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
267807 {"title":"López Campos salienta que os premios Losada Diéguez \"reflicten a vixencia do espírito da Xeración Nós\"","published_date":"2024-06-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"267807"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-15/267807-lopez-campos-salienta-os-premios-losada-dieguez-reflicten-vixencia-do-espirito-da-xeracion-nos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.