Centos de persoas corren a Holi Gaiás para festexar a primavera baixo unha divertida poeira de cores

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, celebra o éxito de acollida e enmarca a cita no programa de actividades para abrir os espazos verdes do Gaiás á toda cidadanía 
  • A rapazada menor de 10 anos de idade súmase por vez primeira a esta xornada de festa ao aire libre en familia participando nunha 'Peque Holi' chea de cor 
  • A proba, que mestura deporte, natureza e música, conta co patrocinio de Viaqua e a colaboración da Federación Galega de Atletismo, Coca-Cola e Gadis

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2024

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu este sábado preto dun milleiro de persoas que percorreron os espazos exteriores do Gaiás baixo unha poeira de cores para celebrar a primavera. A Holi Gaiás, popular carreira lúdica que cumpre a súa sexta edición, converteuse xa nun clásico das festas ao aire libre en Santiago de Compostela desta época do ano, coa súa mestura de deporte, natureza e música e onde o espírito lúdico se impón ao competitivo.

Como novidade, nesta edición celebrouse unha Peque Holi, onde nenos e nenas de 4 a 9 anos puideron tamén sumarse a esta tradición que ten a súa orixe nos festivais da India, pero importada con entusiasmo por países de todo o mundo que atopan nela unha oportunidade para celebrar en comunidade a chegada do bo tempo.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, que participou na entrega de premios, enmarcou esta carreira no programa de actividades desenvolvidas no Gaiás para abrir o Bosque de Galicia e o resto dos seus espazos verdes á cidadanía e para ampliar a oferta lúdica a todos os públicos, incluída a mocidade.

A carreira, cun circuíto de 5 quilómetros para os maiores e de outro de 700 metros para a Peque Holi, contou con música e coreografías que animaron aos participantes durante a mañá; e -malia ser unha carreira máis festiva ca competitiva-, houbo premios nas categorías infantil e adulta para as mellores clasificacións.

A proba está organizada pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura e conta co patrocinio de Viaqua e a colaboración da Federación Galega de Atletismo, Coca-Cola e Gadis. Está aberta a persoas tanto federadas como non federadas. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
250719 {"title":"Centos de persoas corren a Holi Gaiás para festexar a primavera baixo unha divertida poeira de cores","published_date":"2024-06-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150782\/_DSC1640.jpg","id":"250719"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-08/250719-centos-persoas-corren-holi-gaias-festexar-primavera-baixo-unha-divertida-poeira-cores https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.