López Campos agradece a implicación do instituto Rafael Dieste para "comerciar co uso da lingua"

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A cita celebrada na Coruña pon o peche neste curso á campaña de dinamización do galego impulsada polo centro co apoio do Goberno autonómico.
  • O representante da Xunta celebra a boa acollida desta iniciativa que conseguiu a implicación de 200 colexios e 50.000 locais comerciais de toda Galicia
  • O evento contou coa actuación de grupos como Leria, Lontreira, Boyanka Kostova ou Grande Amore

A Coruña, 7 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe ao Festival Aquí tamén se fala, impulsado polo Instituto IES Rafael Dieste para promover o uso do galego. Trátase dunha cita que pon o peche no curso 2023/24 á campaña de dinamización do galego feita polo centro co apoio da Xunta de Galicia e na que o titular de Cultura agradeceu a implicación da comunidade educativa para "comerciar co uso da lingua", pois é esta unha iniciativa que demostra como as entidades comerciais".

"O galego é unha das maiores riquezas que temos como pobo que debemos coidar, preservar e reforzar", sinalou o representante da Administración autonómica antes de engadir que este "é un deber compartido no que precisamos da colaboración de todos os sectores". Neste senso, López Campos felicitou a todas as persoas que forman parte desta iniciativa de dinamización lingüística e celebrou a boa acollida que tivo ao conseguir a implicación de 200 centros educativos e 50.000 locais comerciais de toda a Comunidade.

O proxecto de dinamización lingüística Aquí tamén se fala recompila diversas propostas, todas elas enfocadas no uso do galego e que contaron coa participación de referentes culturais diversos e recoñecidos como Viggo Mortensen, James Rhodes ou Tanxugueiras. Entre as iniciativas impulsadas atópase a creación de contido nas redes sociais, acordos con equipos de fútbol profesional ou a programación de obradoiros con profesionais do sector audiovisual e musical.

Como colofón, o instituto programou para o día de hoxe un festival que pon o peche final a esta campaña e que contou coa participación de artistas do panorama musical galego como Leria, Lontreira, Boyanka Kostova ou Grande Amore.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
249262 {"title":"López Campos agradece a implicación do instituto Rafael Dieste para \"comerciar co uso da lingua\"","published_date":"2024-06-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150734\/Aqui+tamen+se+fala+1.jpg","id":"249262"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-07/249262-lopez-campos-agradece-implicacion-do-instituto-rafael-dieste-comerciar-co-uso-da-lingua https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.