A Consellería de Cultura renova á coreógrafa Kirenia Martínez como directora do festival 'Escenas do cambio' da Cidade da Cultura
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Cultura subliña a aposta en firme pola diversidade do talento, pola creación galega e pola atracción de novos públicos
- Kirenia Martínez responsabilizouse da décima edición desta cita coa vangarda escénica contemporánea celebrada en maio con máis dun milleiro de asistentes
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de dar continuidade na dirección de Escenas do cambio á coreógrafa e mediadora cultural Kirenia Martínez, que se estreou este ano á fronte do festival de teatro, danza e arte en acción organizado pola Cidade da Cultura na que foi a súa décima edición.
Cun programa que recoñecía o legado dos anteriores directores artísticos do festival, Pablo Fidalgo e Lola Correa, e mantiña a súa esencia transformadora, Kirenia Martínez conseguiu atraer novos públicos a unha cita consolidada como unha das máis relevantes no ámbito da creación escénica contemporánea en Galicia e España. En total, máis dun milleiro de persoas asistiron aos espectáculos na última edición de Escenas do cambio celebrada o pasado mes de maio.
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, manifestaron a súa confianza en que o festival continúe a medrar en vindeiras edicións, tanto como plataforma de lanzamento para o talento xurdido en Galicia como na súa conexión coa vangarda escénica internacional.
Bailarina e coreógrafa
Kirenia Martínez (Cuba, 1980) ten unha extensa traxectoria de máis de vinte anos —19 deles residindo en Galicia— como bailarina, coreógrafa e mediadora cultural. É directora da Compañía Kirenia Danza desde 2019 e codirectora da Compañía Entremáns dende 2005. Ademais do festival Escenas do cambio, exerce tamén de codirectora do festival Quincegotas da Coruña e dirixe o festival Danzar o Camiño dende o 2021, ademais de coordinar o proxecto de Mediación Cultural do Teatro Rosalía de Castro (2023).