A Xunta convoca os Premios da Cultura Galega 2024

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os galardóns recoñecen o labor creativo e a expansión a novos espazos nos ámbitos das Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.
  • As institucións e entidades culturais ou profesionais relacionadas con cada categoría contan con dous meses de prazo para enviar as súas candidaturas.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia convoca os Premios da Cultura Galega 2024, certame que recoñece o labor creativo e a súa expansión nos novos espazos actuais desde a súa primeira edición, en setembro de 2010.

As oito modalidades convocadas son as de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior. As institucións e entidades culturais ou profesionais relacionadas con cada unha delas dispoñen de dous meses para entregar as candidaturas, tal e como se recolle no Diario Oficial de Galicia. Deste xeito, as solicitudes deberán ser presentadas ata o 13 de agosto por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Precísase engadir a maiores os méritos das candidaturas acompañados dunha xustificación descritiva de entre 15 e 20 liñas.

O xurado, presidido polo Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, estará composto ademais por un máximo de 10 vogais representantes do Consello da Cultura Galega, da Universidade de Vigo, da Real Academia Galega, da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, das áreas de Promoción de Igualdade e Cultura da Xunta de Galicia e de catro persoas de recoñecido prestixio no eido cultural designadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

En cada modalidade, o recoñecemento non poderá recaer en máis dunha persoa e se concederá un único premio correspondente a unha peza artística ou obxecto conmemorativo de prestixiosa autoría galega, acompañado dun diploma acreditativo. Na data de formalización da candidatura, as persoas participantes deberán estar vivas e os colectivos e entidades deben ter actividade.

Galardóns á creatividade galega de alto nivel

Os Premios da Cultura Galega constitúen un medio de recoñecemento e difusión á excelencia creativa, á capacidade de intercambio, á experimentación e á proxección da construción cultural de Galicia. Na pasada edición os galardoados foron a poeta Yolanda Castaño, na modalidade de Letras; o Museo do Gravado á Estampa Dixital, en Artes Visuais; a produtora PistaCatro, en Artes Escénicas; a Banda de Música Unión de Guláns, en Música; a produtora Portocabo, en Audiovisual; a asociación Ponte...nas Ondas!, en Lingua; o historiador Eduardo Pardo de Guevara, en Patrimonio Cultural, e os cursos de verano Galego sen fronteiras, en Proxección Exterior.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
268559 {"title":"A Xunta convoca os Premios da Cultura Galega 2024","published_date":"2024-06-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278510\/PremiosCulturaGalega_1.jpg","id":"268559"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-16/268559-xunta-convoca-os-premios-da-cultura-galega-2024 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.