López Campos pon en valor a iniciativa de divulgar a colección de arte do Parlamento por toda Galicia

  • A retrospectiva, que reúne pezas da colección de arte da Cámara galega, chega á Coruña tras o seu paso por Vigo, Ferrol, Lugo e Pontevedra
  • O titular de Cultura da Xunta destaca a importancia de achegar á cidadanía "un patrimonio artístico descoñecido por moita xente"

A Coruña, 13 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participaron na inauguración da exposición A nosa arte. Colección do Parlamento de Galicia na sede de Afundación na Coruña. A mostra itinerante chega á cidade herculina tras o seu paso por Vigo, Ferrol, Lugo e Pontevedra, co obxectivo de difundir a colección do Parlamento de Galicia en diferentes puntos.

O titular de Cultura do Goberno galego enxalzou a iniciativa porque, dixo, "é unha forma de abrir o Parlamento de Galicia á cidadanía seguindo co seu espírito aperturista e integrador, e de achegar así un patrimonio artístico de gran valor para a nosa cultura  descoñecido por moita xente". Neste senso, López Campos recordou que a exposición que agora se pode visitar na Coruña "constitúe unha homenaxe ás persoas que colaboraron a forxar a historia e o sentir da Galicia que hoxe coñecemos a través de moitos anos de intensos movementos artísticos".

A mostra, que poderá visitarse na sede de Afundación ata o 31 de agosto, reúne 37 pezas particularmente significativas da arte contemporánea galega, salvagardadas por unha das institucións máis sobranceiras da Comunidade como é o Parlamento. Así, o público ten a oportunidade de achegarse a unha das coleccións públicas máis valiosas e variadas que atesoura a memoria viva de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
263014 {"title":"López Campos pon en valor a iniciativa de divulgar a colección de arte do Parlamento por toda Galicia","published_date":"2024-06-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"263014"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-13/263014-lopez-campos-pon-valor-iniciativa-divulgar-coleccion-arte-do-parlamento-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.