A Xunta abre o luns o prazo para inscribirse nos minicampamentos de verán

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As actividades enmárcanse na campaña 'O teu mellor verán' da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e ofrecen 700 prazas para cativada entre 9 e 14 anos
  • As solicitudes poderán enviarse a partir das 12,00 horas e a adxudicación de prazas será por rigorosa orde ata cubrir a totalidade da oferta

Valdoviño (A Coruña), 6 de xuño de 2024

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia abrirá o luns o prazo de inscricións para o programa de minicampamentos Coñece Galicia, enmarcado na campaña O teu mellor verán que oferta 11.5000 prazas en actividades para a mocidade de 9 a 30 anos. Fíxoo nunha visita o hotel A Roda de Valdoviño, un dos establecementos incluídos nesta proposta.

Tal e como explicou a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en total ofértanse 700 prazas para cativada entre 9 e 14 anos, distribuídas en 14 programas e instalacións diferentes. Así, os interesados en participar deberán presentar a súa solicitude en liña a través da web de Xuventude a partir das 12,00 horas do luns, enviando o correspondente formulario electrónico no que se poderán elixir ata un máximo de tres quendas diferentes por orde de prioridade.

Neste senso, Lara Meneses recordou que esta proposta é unha iniciativa "lúdico formativa que se desenvolve en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega", o que serve, dixo, "tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo".

As accións desenvólvense en estancias de cinco días, de luns a venres, durante os meses de xullo e agosto, cun total de 34 quendas distribuídas en 14 programas e instalacións en distintos concellos galegos. Este ano amplíase a oferta con novos programas nos municipios de Palas de Rei, Ribeira de Piquín e Tomiño.

Adxudicación de prazas

Para optar a estes minicampamentos é preciso figurar no padrón dalgún municipio galego e ter entre 9 e 14 anos cumpridos no momento da asistencia á quenda. O prazo de inscrición comezará o día 10 de xuño ás 12,00 horas e finalizará 5 días antes do inicio de cada actividade, salvo no caso de que se esgoten as prazas.

A adxudicación de prazas será por rigorosa orde de inscrición ata cubrir a totalidade da oferta e non poderán solicitar a praza as persoas que xa teñan outra confirmada en calquera das actividades propostas na Campaña de Verán. Todos os programas teñen un custo total de 125€ (con opción de descontos), incluíndo aloxamento, manutención completa, programa de actividades e equipo técnico responsable, así como o material preciso.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
246136 {"title":"A Xunta abre o luns o prazo para inscribirse nos minicampamentos de verán","published_date":"2024-06-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150776\/IMG-20240606-WA0012.jpg","id":"246136"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-06/246136-xunta-abre-luns-prazo-inscribirse-nos-minicampamentos-veran https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.