'Atardecer no Gaiás' programa 16 citas musicais ao aire libre con ritmos urbanos e latinos, 'neo-tradi', pop e electrónica para os seráns de xullo e agosto

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O cartel inclúe sete grupos galegos: De Ninghures, Flow do toxo, A Pedreira, Amoebo, Alana, ALARIDO e Santi Araújo, que demostran a variedade do talento musical do país
  • Actuarán tamén artistas estatais e internacionais como o portugués Branko, o combo arxentino-brasileiro Mandale Mecha, o popular rapeiro canario Lucho RK ou as bandas emerxentes Naked Family, Faneka e Bewis de la Rosa, entre outras
  • O ciclo de concertos impulsado pola Xunta de Galicia na Cidade da Cultura co apoio de Cervezas Alhambra decorrerá os xoves e venres do 4 de xullo ao 30 de agosto
  • Todos as actuacións serán na Praza central do Gaiás a partir das 21,00 horas, con entrada de balde

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia deu a coñecer hoxe o cartel da décimo terceira edición do ciclo de concertos Atardecer no Gaiás, cita consolidada no verán para os amantes da música en vivo. Nesta ocasión son 16 as propostas gratuítas para gozar ao aire libre na Cidade da Cultura, cun programa diverso no que teñen cabida os estilos que máis están a soar entre o público novo, como o rap, o neo-tradi, o pop —nas súas vertentes indie e electrónica— e os ritmos tropicais.

As actuacións serán os xoves e venres do 4 de xullo ao 30 de agosto (agás os días 25 e 26 de xullo) na Praza central do Gaiás, con inicio ás 21,00 horas. O popular rapeiro canario Lucho RK será o encargado de inaugurar o ciclo, que pechará o electropop da madrileña Rocío Saiz presentando o seu último disco, Autoboicot y descanso.

No cartel de Atardecer no Gaiás conviven artistas de longo percorrido como o DJ e produtor portugués Branko ou os galegos ALARIDO, Santi Araújo e A Pedreira —proxecto en solitario da cantora e compositora Ugia Pedreira— con grupos novos para os que actuar na Cidade da Cultura é unha oportunidade de darse a coñecer. O trío Alana, gañadores do certame Xuventude Crea 2023 na categoría de Música, e De Ninghures, que levaron o premio aRi[t]mar á mellor canción galega o ano pasado, son dous exemplos.

Escaparate do talento galego

Atardecer no Gaiás mantén a súa aposta por promocionar o talento musical de Galicia incluíndo sete artistas e bandas do país no seu programa desta edición, que conta co apoio de Cervezas Alhambra en liña co seu compromiso de apoiar todas aquelas experiencias únicas que invitan a gozar sen présa e dedicando a cada cousa o tempo que merece.

Ademais das xa mencionadas A Pedreira, ALARIDO, Santi Araújo, De Ninghures e Alana, subirán ao escenario do Gaiás as reivindicativas rapeiras Flow do Toxo e Amoebo co seu proxecto de reconstrución da verbena galega a base de ritmos latinos e pop dos anos 80.

Entre as propostas que se escoitarán na Cidade da Cultura este verán están tamén as cancións mestura de pop e punk dos madrileños Carrera Blanca, a cumbia urbana de Cosmic Wacho, creada desde Málaga polo español Alejandro Domínguez e o arxentino Franco Felice, e a simbiose entre folclore e progresivo que constrúen Faneka desde Cataluña.

Completa o programa o rap rural de Bewis de la Rosa —que xa pisou escenarios como o do Sziget de Budapest, un dos maiores festivais musicais e culturais de Europa—, a psicodelia pop-rock da banda madrileña Naked Family e a dinámica fusión de electrónica, jazz e ritmos latinos do grupo arxentino-brasileiro Mandale Mecha, gañadores da convocatoria Ibermúsicas 2023 organizada pola Secretaría General Iberoamericana.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 14/06/2024
265107 {"title":"'Atardecer no Gaiás' programa 16 citas musicais ao aire libre con ritmos urbanos e latinos, 'neo-tradi', pop e electrónica para os seráns de xullo e agosto","published_date":"2024-06-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278525\/AtardecerGai%C3%A1s_1..JPG","id":"265107"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-14/265107-atardecer-gaias-programa-16-citas-musicais-ao-aire-libre-ritmos-urbanos-e-latinos-neo-tradi-pop-e-electronica-os-serans-xullo-e-agosto https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.