A Xunta fomenta a formación en bibliotecas, arquivos e museos coa adxudicación de 73 bolsas neste eido

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

  • As listaxes das persoas beneficiarias para o período 2024-2025 poden consultarse no Diario Oficial de Galicia
  • O Goberno galego proporciona a oportunidade de complementar os estudos académicos nestas institucións culturais, creando un tecido de profesionais

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia vén de adxudicar as 73 prazas ofertadas para formación en biblioteconomía, en materia de arquivos e de museos, coas que contribúe á aprendizaxe do estudantado neste eido. As tres listaxes das persoas beneficiarias destas bolsas para o período 2024-2025 foron publicadas ao longo desta semana no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Desde o Goberno galego proporciónase así a oportunidade de complementar a formación académica cunha proposta teórico práctica. Nela, o persoal bolseiro desenvolverá actividades propias do funcionamento de cada unha destas institucións esenciais para preservar e difundir a cultura, tutelados polo servizos técnicos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Desta maneira, contribúese tamén a favorecer a creación dun tecido de profesionais para as redes de bibliotecas, arquivos e museos da Comunidade.

No caso dos arquivos, con 20 prazas, as funcións teñen que ver cos procesos técnicos que se realizan en relación aos fondos documentais. As persoas que acceden á formación durante seis meses, prorrogables a outros seis, proceden de estudos relacionados coa Historia ou a Arquivística.

Os bolseiros das bibliotecas, 33 en total, estarán apoiados por titores en oito centros pertencentes á rede xestionada pola Xunta máis a Biblioteca de Ferrol. Nas súas prácticas achegaranse ao uso e tratamento dos fondos bibliográficos, á atención aos usuarios e á adquisición das competencias propias neste ámbito. Trátase de persoas tituladas en Biblioteconomía, Documentación, Historia da Arte, Lingua e Literatura, Difusión Cultural ou Humanidades, e que permanecerán nos centros por un período de 14 meses.

Tamén completarán o seu currículo académico os 20 beneficiarios das prácticas nos espazos museísticos, nos que se mergullarán no ámbito da xestión documental, rexistro, inventario e catalogación de pezas de exposición. Ademais, no que ten que ver coa difusión tamén coñecerán a preparación de mostras, material divulgativo e realización de visitas guiadas ou obradoiros. Neste caso, coa posibilidade de 12 meses de estadía, outorgáronse as prazas a persoas formadas en Historia da Arte, Arqueoloxía, ou especialidades relacionadas coa pintura ou escultura.

Documentos descargables
  • No hay ficheros adjuntos

Histórico de cambios

Artículo publicado
22/06/2024
https://govclipping.com/search "" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. ¡Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Tanto la lista como todos los elementos guardados serán eliminados. ¡Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. ¡Error! Error al eliminar la lista. Vaciar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres vaciar esta lista? Todas las noticias que contiene esta lista serán desmarcadas. ¡Lista vaciada! La lista ha sido vaciada correctamente. ¡Error! Error al vaciar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
282166 {"title":"A Xunta fomenta a formación en bibliotecas, arquivos e museos coa adxudicación de 73 bolsas neste eido","published_date":"2024-06-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150816\/ArquivosBibliotecas_1.jpg","id":"282166"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-22/282166-xunta-fomenta-formacion-bibliotecas-arquivos-e-museos-coa-adxudicacion-73-bolsas-neste-eido https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.