Lara Meneses recorda que o carné de alberguista pon a disposición da mocidade máis de 4.000 instalacións

Imagen del artículo Lara Meneses recorda que o carné de alberguista pon a disposición da mocidade máis de 4.000 instalacións

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Nos vindeiros días as persoas que teñan activado o Carné Xove poden solicitar de maneira gratuíta este documento con validez en máis de 90 países

Córdoba, 26 de xuño de 2024

A directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, recordou "a grande oportunidade que supón para a mocidade galega contar cun documento que lles dea acceso a albergues por todo o mundo, podendo gozar destas instalacións en máis de 90 países". Así o indicou en referencia á activación nos vindeiros días do carné de alberguista que poderán solicitar de maneira gratuíta aquelas persoas que conten co Carné Xove e que terán á súa disposición máis de 4.000 centros en todo o mundo.

Este carné é o instrumento de filiación á Hostelling International e á Rede Española de Albergues Xuvenís, en cuxa Asemblea Xeral celebrada en Córdoba participou esta mañá a responsable de Xuventude da Xunta. Neste senso, tal e como subliñou Lara Meneses, Galicia ten asociada 12 instalacións a esta rede formada polos organismos de xuventude de todas as comunidades autónomas para promover o alberguismo xuvenil (4 na provincia da Coruña, unha en Lugo, 5 en Ourense e 2 en Pontevedra).

Mobilidade xuvenil

Os albergues xuvenís supoñen un instrumento para facilitar a mobilidade e a convivencia da mocidade. Son instalacións fundamentais para propiciar o desenvolvemento de actividades culturais, deportivas, turísticas, formativas, de tempo libre ou simplemente recreativas, ofrecendo servizos de aloxamento e, no seu caso, manutención, fomentando estilos de vida saudables. Neles predomina a realización de actividades sociais e zonas comúns nas que se fomenta a interacción entre persoas, impulsando a comprensión, a tolerancia e novas formas de cooperación  entre a xuventude.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
289048 {"title":"Lara Meneses recorda que o carné de alberguista pon a disposición da mocidade máis de 4.000 instalacións","published_date":"2024-06-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99612-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"289048"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-26/289048-lara-meneses-recorda-carne-alberguista-pon-disposicion-da-mocidade-mais-4-000-instalacions https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.