Belén do Campo participa na presentación do Fisterra Experience 2024 que terá lugar durante esta fin de semana no marco dos concertos apoiados pola Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A representante do Goberno galego participou hoxe na rolda de prensa de presentación do evento
  • O festival celebra a súa IX edición do venres 28 de xuño ao domingo 30 de xuño

Fisterra (A Coruña), 25 de xuño de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou hoxe na rolda de presentación do festival de música "Fisterra Experience 2024", onde destacou que "este evento é unha mostra da calidade musical pola que aposta a Xunta cun cartel que mestura artistas fundamentalmente galegos con gran variedade de ritmos musicais". A representante do Goberno autonómico destacou que este evento contará cun apoio da Xunta de Galicia de 40.000 euros.

 

Neste senso, a delegada subliñou "a importancia deste tipo de festivais como unha oportunidade para trasladar aos turistas e peregrinos que Galicia é unha comunidade cunha oferta turística sen precedentes, coa excelencia e a calidade como bandeira duns recursos e medios sen parangón", indicou.

 

Belén do Campo sinalou que "este verán volve a ser unha oportunidade única para Galicia, para seguir facendo visible o que temos que aportar a España e ao resto do mundo" e recalcou que "no 2023 se entregaron máis de 446.000 compostelas -o que supón un 1,8 % máis que no mesmo período de 2022 que foi un ano Xacobeo no que se bateron todos os récords e Galicia acadou, o ano pasado, máis de 7 millóns de viaxeiros que fixeron 13,3 millóns de noites, é dicir, un 6,6 e un 5,8 % máis, respectivamente, que no 2022 ". Neste 2024, puntualizou, "queremos seguir batendo récords e a Costa da Morte é un destino con grandes posibilidades turísticas".

 

Os interesados poden consultar a programación e os artistas a través da páxina web do festival fisterrablues.gal

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
286919 {"title":"Belén do Campo participa na presentación do Fisterra Experience 2024 que terá lugar durante esta fin de semana no marco dos concertos apoiados pola Xunta","published_date":"2024-06-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1038216\/1.jpg","id":"286919"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-25/286919-belen-do-campo-participa-na-presentacion-do-fisterra-experience-2024-tera-lugar-fin-semana-marco-dos-concertos-apoiados-pola-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.