A Rede de bibliotecas coordinada pola Xunta contará con 1.500 exemplares do libro do centenario do Celta de Vigo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os volumes de '100 anos de afouteza e corazón' doados polo club recollen a súa historia e tradición da man de coñecidos celtistas como Carlangas ou Alicia Barreiro

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2024

A Rede de bibliotecas públicas de Galicia, coordinada pola Xunta, contará con 1.500 exemplares do libro de relatos 100 anos de afouteza e corazón doados polo Real Club Celta de Vigo. Este volume feito con motivo do centenario do equipo, relata a historia e a tradición celeste.

A obra que estará dispoñible en máis de 300 bibliotecas repartidas por toda Galicia recolle algúns dos encontros máis emblemáticos contados a modo de recordos por aqueles que o viviron desde as oficinas de medios de comunicación, desde a grada e desde o propio campo.

Así, as páxinas deste libro actúan como unha hemeroteca emocional que amosa o sentimento de paixón e afouteza vividos ao longo destes 100 anos de historia grazas ás testemuñas de coñecidos celtistas como os xornalistas Jacobo Buceta, Juan Carlos Álvarez, Armando Álvarez ou Lucía Taboada, así como o escritor Pedro Feijoo, a actriz Marta Larralde ou os cantantes Evaristo Páramos e Carlangas. Tamén de deportistas e adestradores como Sergio Álvarez, Teresa Portela ou Paco Herrera.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
300267 {"title":"A Rede de bibliotecas coordinada pola Xunta contará con 1.500 exemplares do libro do centenario do Celta de Vigo","published_date":"2024-07-02","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1146549\/240702_Cultura_SaidaPrticipantsIntercambio_MAC-2.JPG","id":"300267"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-02/300267-rede-bibliotecas-coordinada-pola-xunta-contara-1-500-exemplares-do-libro-do-centenario-do-celta-vigo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.