Lara Meneses destaca o Pasaporte Solidario'como un programa que difunde o compromiso e a implicación social no alumnado

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, entrega os diplomas aos cativos do colexio Carmelitas de Ourense en recoñecemento polo seu traballo nesta iniciativa
  • A representante da Xunta de Galicia destacou a importancia de "promover os valores da solidariedade" a través de proxectos coma este

Ourense, 18 de xuño de 2024

O directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses entregou hoxe os diplomas do programa Pasaporte Solidario aos 139 alumnos do colexio Carmelitas onde destacou a importancia deste proxecto para "promover os valores da solidariedade, a participación e o voluntariado", así como para favorecer unha "implicación social activa para que a mocidade poida coñecer a realidade na que se integra".

Na súa visita, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude agradeceu ao alumnado a dedicación posta nas actividades realizadas, que abranguen desde campañas de reciclaxe, recollida de alimentos, accións para achegar as novas tecnoloxías ás persoas maiores ou voluntariado no Camiño de Santiago. "Sodes un exemplo de compromiso e implicación nesta iniciativa solidaria", felicitou.

O Pasaporte Solidario é un programa enmarcado no Plan Proxecta, no que participan 854 estudantes de toda Galicia e que busca que a cativada tome parte en accións de voluntariado. Partindo do proxecto que presentan os centros, o alumnado plasma as actuacións solidarias realizadas nun Pasaporte Solidario, do cal hai tres tipos. O de nivel 1 para os que participan na iniciativa por primeira vez, o de segundo nivel para aqueles que xa teñan proposto accións solidarias con anterioridade e, por último, o Pasaporte Solidario Camiño de Santiago, enmarcado nas Rutas Xacobeas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274479 {"title":"Lara Meneses destaca o Pasaporte Solidario'como un programa que difunde o compromiso e a implicación social no alumnado","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/935565\/Pasaporte+Solidario1.jpeg","id":"274479"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274479-lara-meneses-destaca-pasaporte-solidario-como-programa-difunde-compromiso-e-implicacion-social-alumnado https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.