A Xunta comparte con Asociacións de Camiños de Santiago os seguintes pasos da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

  • A directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez, participa no municipio lucense do Saviñao nunhas xornadas con estas entidades

O Saviñao (Lugo), 8 de xuño de 2024

A directora xeral de Patrimonio, María del Carmén Martínez Insua, participou hoxe no concello lucense do Saviñao nunha xornada con Asociacións de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra coas que compartiu os seguintes pasos da candidatura Paisaxe da auga: Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial, tras a decisión do Consello do Patrimonio Histórico de que sexa a proposta de España para a súa remisión a Unesco. 

Nestas xornadas divulgativas dedicadas aos 25 anos da Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude aproveitou para agradecer o apoio que a candidatura recibiu durante este proceso por parte destas entidades, ao igual que doutras de carácter civil e institucional.

Neste senso, explicou que, tras a aprobación do Consello de Patrimonio Histórico, a candidatura da Ribeira Sacra entra nunha nova fase na que é preciso seguir "traballando como ata agora" para lograr a inclusión na Lista de Patrimonio da Humanidade, xa que a proposta será abordada en 2026 no Comité do Patrimonio Mundial da Unesco. 

Vindeiros pasos ata o Comité do Patrimonio Mundial da Unesco

Martínez Ínsua explicou que o Goberno galego traballa nunha nova fase na que, ao longo do ano, o equipo técnico redactor, en colaboración co Ministerio de Cultura, deberán completar o expediente desde o punto de vista formal co fin de cumprir coas directrices operativas da Unesco. 

Posteriormente, o informe será presentado no Centro de Patrimonio Mundial da Unesco de París en febreiro de 2025, onde será avaliado polos órganos consultivos antes da súa valoración no Consello do Patrimonio Histórico, que ten prevista a súa sesión para o segundo semestre do ano 2026. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
250364 {"title":"A Xunta comparte con Asociacións de Camiños de Santiago os seguintes pasos da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial","published_date":"2024-06-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"250364"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-08/250364-xunta-comparte-asociacions-caminos-santiago-os-seguintes-pasos-da-candidatura-da-ribeira-sacra-patrimonio-mundial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.