López Campos pon en valor a importancia da Orquestra Sinfónica de Galicia para a cultura musical

  • O conxunto conta cun completo programa que inclúe 35 concertos, 15 en diferentes localidades de Galicia, así como importantes citas no resto do Estado
  • O responsable autonómico de Cultura destaca a "grande oportunidade para a cidadanía que supón gozar destas actuacións"

A Coruña, 8 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na Coruña na presentación do programa 2024-2025 da Orquestra Sinfónica de Galicia, que ao longo dos vindeiros meses actuará na Comunidade galega, Madrid, Barcelona, Valladolid, Bilbao e Xirona na que é a súa segunda tempada con Roberto González-Monjas como titular.

O responsable de Cultura da Xunta gabou o "completo programa" da formación musical, que inclúe un total de 35 concertos de abono na Coruña e 15 actuacións en diversas localidades galegas como son Ferrol, Vigo, Santiago, Mondoñedo, Vilagarcía, Ponteareas e, como novidade esta tempada, Sobrado e Ribeira. Así, José López Campos, destacou que "a presenza da Orquestra Sinfónica nos principais ciclos de concertos de Galicia supón unha grande oportunidade para a cidadanía no senso de gozar do alto nivel que aporta á cultural musical ".

Durante a presentación, José López Campos, tamén quixo felicitar á Orquestra Sinfónica por "levar o nome de Galicia a distintos puntos de España deixando pegada da riqueza musical galega". Ademais, tal e como recordou o titular de Cultura, o conxunto estará no Festival Ikfem o 21 de xullo en Tui, en cuxa presentación vén de participar a Xunta pola súa colaboración cun evento que une o talento das dúas beiras do Miño.

Unha tempada con estreas

A nova tempada de concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia inclúe dúas estreas absolutas encargas da propia formación —Cántico para soprano solo de Fernando Buide e Ekphrasis de Nani García— e tres estreas en España —de obras de Glanert, Conneson e Wallen—. Ademais, a agrupación sostén a súa oferta musical para esta vindeira tempada con algúns dos piares esenciais da música orquestral dos séculos XIX e XX, con obras de Mahler, Bruckner, Beethoven ou Shostakóvich.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
250670 {"title":"López Campos pon en valor a importancia da Orquestra Sinfónica de Galicia para a cultura musical","published_date":"2024-06-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"250670"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-08/250670-lopez-campos-pon-valor-importancia-da-orquestra-sinfonica-galicia-cultura-musical https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.