López Campos agradece a "contribución" de Takekazu Asaka coa proxección internacional de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O titular de Cultura da Xunta salienta o compromiso de máis de tres décadas do recentemente nomeado académico de honra da Real Academia Galega
  • A súa obra traducida ao xaponés supón un nexo de unión entre a cultura e a lingua de ambos países

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na presentación de Tres xograres da ría de Vigo traducida por Takekazu Asaka, recentemente nomeado académico de honra da Real Academia Galega. Trátase dunha obra que, tal e como explicou, pon en valor a ampla traxectoria do ensaísta, investigador e profesor, así como o seu compromiso e contribución coa proxección internacional da lingua e cultura galegas.

Neste senso, o responsable autonómico de Cultura salientou a prolífica obra do autor nipón así como a súa longa experiencia de máis de tres décadas sendo embaixador da cultura galega en Asia. "O traballo do mestre Takekazu Asaka axuda a construír e fortalecer a ponte que hoxe comunica as dúas culturas con idiomas tan afastados tanto desde o punto de vista lingüístico coma xeográfico", sinalou López Campos.

O texto presentado hoxe completa unha aproximación á poesía medieval galega feita por Takekazu, no que se trasladan as cantigas de tres voces máis senlleiras da nosa lírica trobadoresca á lingua nipoa: Martín Codax, Meendiño e Johan de Cangas, ámbolos tres vinculados xeograficamente á ría viguesa. A obra conta cun prólogo, escrito pola profesora Mercedes Brea, especialista na nosa lírica trobadoresca, e incorpora tamén un CD no que o Trío Amaluz musican e interpretan en xaponés as cantigas dos tres xograres.

Embaixador da cultura galega no Xapón, Takekazu Asaka é Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Kansa Gaidai (Osaka) e impartiu clases de lingua, gramática e literatura galegas en varias universidades xaponesas e mais no Instituto Cervantes de Tokyo. Actualmente, é membro correspondente da Real Academia Galega e embaixador da cultura galega no Xapón. As súas contribucións á proxección exterior da cultura galega foron recoñecidas, entre outras distincións, co XVI Premio Ramón Cabanillas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
271995 {"title":"López Campos agradece a \"contribución\" de Takekazu Asaka coa proxección internacional de Galicia","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150801\/240617_libro_x-1.jpg","id":"271995"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/271995-lopez-campos-agradece-contribucion-takekazu-asaka-coa-proxeccion-internacional-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.