A Xunta amplía e diversifica os catálogos de lectura fácil promovendo a produción de 20 obras en galego

Imagen del artículo A Xunta amplía e diversifica os catálogos de lectura fácil promovendo a produción de 20 obras en galego

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude adxudica a liña de axudas de carácter plurianual cun financiamento de máis de 88.000 euros

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia colabora con 20 proxectos editoriais para ampliar e diversificar os catálogos de obras de lectura fácil en galego. A través desta liña de axudas para libros en formato físico ou dixital, que vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia, adxudicouse o financiamento para colaborar con 10 empresas editoriais diferentes.

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude promove a produción de libros de lectura fácil para facer accesible a información a persoas con dificultades de comprensión lectora, tendo en conta o contido, a linguaxe, as ilustracións, a maquetación e o deseño gráfico. A través destes proxectos a Xunta espera incrementar a comercialización de obras e tamén ampliar a listaxe de creacións en lingua galega na plataforma pública de préstamo en liña GaliciaLe. Trátase así dunha iniciativa enmarcada nos obxectivos da futura Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia que ten por obxectivo garantir o acceso á cultura tanto desde a perspectiva do consumo como da creación literaria. Promovendo, deste xeito, as políticas de estímulo de produción de libros en galego en novos formatos.

A resolución desta segunda convocatoria inclúe a colaboración con 20 obras en formato físico ou dixital que contan cunha financiación total de máis de 88.000€ para as anualidades de 2024 e 2025, podendo acadar unha achega máxima de 6.000€ para cada creación.

Así, a Editorial Bululu impulsará as obras Coidado coa charca e Xa voou. A Editorial Galaxia, pola súa banda, contará con As malas mulleres, Meigas e O Misterio do Torque de Burela. A empresa editora Hércules de Ediciones traerá A saga das curandeiras, mentres que Horsori Editorial fará o mesmo con Ana, a das tellas verdes e A máquina do tempo. O instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural editará Contos de amor e a empresa Ivette Noguera García Edicións poderá sacar catro obras, Un ano arredor do gran roble, Unha bufanda de sol, O ovo do sol e Tomates de Mila.

Ademais, dentro desta adxudicación tamén se atopa Kalandraka Editora con Nicolas vai á biblioteca e Nicolás vai ao médico, mentres que Centro Lingoreta dará a coñecer Lingoreto e lingoreta. Respiración. A liña de axudas complétase con A filla do mar e O misterio do Camiño de Santiago de La Mar de Fácil e Técnicas & Gramaxe porán en marcha as obras Os Balbinos visitan os pazos de Galicia e A Lúa e a Bal gústalles a música.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
294584 {"title":"A Xunta amplía e diversifica os catálogos de lectura fácil promovendo a produción de 20 obras en galego","published_date":"2024-06-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/100843-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"294584"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-29/294584-xunta-amplia-e-diversifica-os-catalogos-lectura-facil-promovendo-producion-20-obras-galego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.