O Gaiás oferta espectáculos familiares ao aire libre de música, circo e monicreques os mércores de xullo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Trátase dun total de catro actividades que se desenvolverán os mércores 3, 10, 17 e 31 de xullo con entrada libre e de balde ata completar capacidade
  • Compañías galegas e de outros puntos da península como Valencia ou Portugal desprázanse ao Gaiás para traer os seus espectáculos
  • O programa inclúe propostas como 'Karpaty', 'Crassh Xiri', 'Viva o Pop!' ou 'De Vilatriste a Vilalegre', que combinan teatro, música en directo, clown e circo

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2024

A Cidade da Cultura volve este mes de xullo co seu Verán en Familia, que nace coa intención de que nenos, nenas e adultos poidan gozar de espectáculos culturais ao aire libre nas tardes estivais. A programación, composta por un total de catro propostas artísticas, desenvolverase os mércores 3, 10, 17 e 31 de xullo ás 19,00 horas no Xardín do Teatro. A entrada é libre e de balde ata completar capacidade.

O Verán en Familia oferta este ano catro espectáculos artísticos que combinan as artes escénicas, a música en directo, o circo ou o clown. Compañías procedentes de distintos puntos da península desprázanse ao Gaiás para que persoas de todas as idades gocen das súas funcións.

Os primeiros en chegar serán La Troupe Malabó, que traen dende Valencia o 3 de xullo o seu Karpaty á cidade, unha obra que foi seleccionada na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo 2021. O espectáculo utiliza a poesía visual para achegar á cativada a distintas realidades sociais como as migracións e a procura dun lugar propio a través de técnicas circenses, clown e música. O mércores seguinte, 10 de xullo, será o turno dos portugueses Wetumtum que deleitarán ao público co seu Crassh Xiri, un espectáculo participativo no que as percusións e os temas atemporais se mesturan con sons electrónicos e que recibiu o Premio do Público no Festival Internacional de Teatro de Castela e León 2021.

O 17 de xullo, a Cidade da Cultura encherase dos mellores temas das décadas dos oitenta e noventa con Viva o Pop!, unha proposta de Rock en Familia que nace para crear un espazo onde compartir a música da memoria cos máis pequenos da casa. Desde Alaska a Radio Futura, pasando por Nacha Pop ou Coque Malla. E para rematar, o Gaiás converterase nunha das máis de 100 sedes galegas que acollerán o espectáculo De Vilatriste a Vilalegre, de A Utópica Rodante, con motivo do 40º aniversario do Centro Dramático Galego. A proposta combina teatro actoral e de monicreques e confronta a fantasía coa realidade social do rural galego a partir da historia desta vila.

Con estas propostas de verán, a Cidade da Cultura continúa afondando na súa liña de programación familiar co fin de xerar espazos nos que agrome un ocio a través do que persoas de todas as idades poidan divertirse e aprender en conxunto.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
256398 {"title":"O Gaiás oferta espectáculos familiares ao aire libre de música, circo e monicreques os mércores de xullo","published_date":"2024-06-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278510\/Chrassh+Xiri+Tour.jpeg","id":"256398"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-11/256398-gaias-oferta-espectaculos-familiares-ao-aire-libre-musica-circo-e-monicreques-os-mercores-xullo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.