López Campos reitera o valor cultural e patrimonial da Rapa das Bestas que está en proceso para ser BIC

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Recorda que a celebración xa é considerada de Interese Turístico Nacional e Internacional e que se trata dunha "tradición sobranceira que forma parte da memoria colectiva de Galicia"

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reiterou esta mañá durante a presentación da Rapa das Bestas de Sabucedo 2024 que se trata dunha festa  que "reúne todos os condicionantes para formar parte do patrimonio inmaterial de Galicia". Neste senso, subliñou que a celebración, que terá lugar do 5 ao 8 de xullo no concello pontevedrés da Estrada, "é unha tradición sobranceira que forma parte da memoria colectiva dos galegos e galegas".

Tal e como lembrou López Campos, o Goberno galego anunciou hai uns días o inicio do procedemento para que a festa sexa declarada Ben de Interese Cultural na categoría de patrimonio inmaterial, destacando que xa é considerada de Interese Turístico Nacional e Internacional. A decisión de incoar o expediente para comezar cos trámites vén motivada, explicou, "por tratarse dunha manifestación que está a ser preservada de xeito tradicional por unha comunidade que traballa durante todo o ano realizando as accións necesarias para o coidado dos cabalos e que vai máis alá de baixalos ao curro e ceibalos de novo no monte". Motivo este, engadiu, polo que hai que "agradecer a implicación da Asociación Rapa das Bestas".

O titular de Cultura da Xunta estivo acompañado no acto de presentación desta edición 2024, celebrado no Museo das Peregrinacións de Santiago, polo alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e polo presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, Paulo Vicente Monteagudo.

Tradición e atractivo turístico

A Rapa das Bestas de Sabucedo é unha tradición que, segundo a lenda oral, se remonta á segunda metade do século XVI, achegándose así aos 500 anos de vida e manténdose a día de hoxe conxugando o seu espírito e os seus valores orixinais coa evolución en canto a coidado dos animais e do medio ambiente. Ademais, supón un gran atractivo turístico con repercusión internacional pola singularidade da celebración, sendo a parte do curro, onde confrontan técnica e forza os aloitadores e os cabalos, a que esperta máis interese pola súa espectacularidade.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 19/06/2024
276945 {"title":"López Campos reitera o valor cultural e patrimonial da Rapa das Bestas que está en proceso para ser BIC","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150807\/Rapa_1.jpg","id":"276945"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276945-lopez-campos-reitera-valor-cultural-e-patrimonial-da-rapa-das-bestas-proceso-ser-bic https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.