O director xeral de Cultura pon en valor o traballo de escrita de guións como xermolo dos éxitos do audiovisual galego

  • Anxo M. Lorenzo dá a benvida na Cidade da Cultura aos máis de 50 guionistas e representantes de produtoras e televisións dunha ducia de países que participan na segunda edición do programa European Writers Club
  • O encontro, que se desenvolve ata o día 15 en Santiago de Compostela, abriuse tamén aos profesionais galegos nunha sesión inaugural para a que se contou coa música en directo de Xabier Díaz
  • A Xunta forma parte desta iniciativa europea, da que é socia fundadora, para promover a colaboración internacional na xeración de contidos para televisión e plataformas

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, recibiron hoxe na Cidade da Cultura de Galicia aos máis de 50 participantes da segunda edición do programa European Writers Club, que desenvolve un dos seus campus ata o vindeiro día 15 en Santiago de Compostela. Guionistas, axentes de venda e representantes de produtoras e televisións dunha ducia de países conforman esta delegación internacional, á que nesta sesión inaugural se uniron tamén unha vintena de profesionais galegos.

 

A Xunta forma parte desta iniciativa europea, da que é unha das entidades fundadoras, co fin de promover a colaboración internacional na xeración de contidos audiovisuais para televisión e plataformas. Así mesmo, tal e como explicou Anxo M. Lorenzo, estas estadías en Galicia supoñen novas oportunidades de contactos internacionais para o noso audiovisual a través da súa participación en sesións abertas, como a celebrada esta tarde no Gaiás. Neste sentido, puxo o foco na calidade dos guións de factura galega como base dos éxitos dos filmes e as series producidas na nosa Comunidade.

 

O director xeral de Cultura foi o encargado de abrir esta xornada, na que tamén interviñeron Thomas Gammeltoft, director do European Writers Club, e Peter Andermatt, director da Oficina MEDIA España, así como Pepe Coira e Lidia Fraga, dous dos profesionais galegos vinculados ao programa. Ao finalizar, os asistentes tiveron a oportunidade de gozar da música galega coa actuación en directo de Xabier Díaz.

 

Novo taller en xullo

Na súa intervención, Anxo M. Lorenzo adiantoulles aos asistentes que Santiago será tamén a sede en xullo dun taller especial para os profesionais galegos que, baixo o paraugas do European Writers Club, correrá a cargo do prestixioso Le Groupe Ouest European Film Lab. Ubicado en Bretaña (Francia), trátase dun espazo de referencia en Europa polos seus resultados a nivel internacional, asesorando máis de 200 guionistas duns 50 países cada ano e impulsando películas gañadoras de premios en Cannes, Sundance, Berlín, Venecia ou San Sebastián.

 

Pola súa banda, os participantes no campus galego do European Writers Club traballarán estes días arredor de cinco proxectos de España, Alemaña, Dinamarca, Francia, Noruega e Suíza. Ao longo destas xornadas, os guionistas seleccionados están a recibir titorías individuais e grupais con escritores, produtores e responsables de contidos de 10 cadeas de televisión: TV2 de Dinamarca, France TV, ZDF de Alemaña, SVT de Suecia, NRK de Noruega, CeskaTV da República Checa, RÚV de Islandia, ERR de Estonia, SRF de Suíza e a plataforma Videoland, con sede en Países Baixos.

 

Santiago de Compostela recolle o testemuño de Hamburgo como sede desta segunda edición do programa, que terá o seu terceiro e último encontro o vindeiro mes de setembro en Copenhague.

 

Segunda parada en Galicia

Baixo o lema Creando historias xuntos, o European Writers Club celebrou a súa primeira edición piloto en 2023. Desa volta, tivo tamén parada en Galicia coa Ribeira Sacra como epicentro das súas actividades.

 

Con financiamento da Unión Europea a través da convocatoria Preparatory Action Writing European, este programa está deseñado para inspirar e fomentar a colaboración entre guionistas, produtoras, cadeas de televisión e plataformas co obxectivo de crear series de ficción que crucen fronteiras e cheguen ás audiencias europeas e do resto do mundo. O foco é a narración audiovisual, desde o nacemento dunha idea ata a confección dunha "biblia" do proxecto lista para a súa entrega.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
254963 {"title":"O director xeral de Cultura pon en valor o traballo de escrita de guións como xermolo dos éxitos do audiovisual galego","published_date":"2024-06-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"254963"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-10/254963-director-xeral-cultura-pon-valor-traballo-escrita-guions-como-xermolo-dos-exitos-do-audiovisual-galego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.