A Xunta conclúe unha nova campaña arqueolóxica no xacemento do castro do Sarridal, en Cedeira, co achado de restos da época prerromana

Imagen del artículo A Xunta conclúe unha nova campaña arqueolóxica no xacemento do castro do Sarridal, en Cedeira, co achado de restos da época prerromana

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A actuación, que conta cun investimento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de algo máis de 17.000 euros, desenvolveuse nesta ocasión na área posterior da sauna castrexa ou monumento con forno

Ferrol, 7 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia conclúe hoxe a última campaña de escavación financiada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude no castro do Sarridal, en Cedeira. A actuación, que conta cun investimento autonómico de 17.182 euros, saldouse co achado de restos da época prerromana.

Segundo explicou o director da campaña, Emilio Ramil, os traballos que se prolongaron durante un mes desenvolvéronse nesta ocasión na área posterior á sauna castrexa ou monumento con forno coa finalidade de recoñecer as diferentes estruturas exteriores relacionadas coa zona de alimentación do forno, muros cara o perfil norte e a continuidade da canle de desaugue procedente da piscina da cámara. Nesta zona acháronse restos da época prerromana, concretamente restos dos muros de catro vivendas circulares.

O castro do Sarridal é un xacemento fortificado da idade do Ferro, de tipo costeiro, inaccesible desde o mar e defendido desde terra por dúas murallas precedidas polos seus respectivos fosos.

Desde 2017 este xacemento está sendo escavado a través de varias campañas arqueolóxicas financiadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta e o Concello de Cedeira. O máis destacado destas actuacións foi a localización dunha estrutura tipo sauna das denominadas "monumento con forno", das que se conservan moi poucas en todo o noroeste peninsular.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
248368 {"title":"A Xunta conclúe unha nova campaña arqueolóxica no xacemento do castro do Sarridal, en Cedeira, co achado de restos da época prerromana","published_date":"2024-06-07","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/905933\/ACastroSarridal.jpg","id":"248368"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-07/248368-xunta-conclue-unha-nova-campana-arqueoloxica-xacemento-do-castro-do-sarridal-cedeira-co-achado-restos-da-epoca-prerromana https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.