A Xunta iniciará nas vindeiras semanas o procedemento para declarar BIC a Rapa das Bestas de Sabucedo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Considera que "é de xustiza" recoñecer o valor e interese sobranceiro desta manifestación cultural considerada de valor etnolóxico senlleiro
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2024
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou hoxe no Parlamento de Galicia que o Goberno galego ten previsto incoar a Rapa das Bestas de Sabucedo como Ben de Interese Cultural (BIC) de carácter inmaterial antes da súa próxima edición, a primeira semana do mes de xullo. Fíxoo en resposta a unha pregunta no Pleno do Parlamento de Galicia, onde considerou "de xustiza" recoñecer o" valor e interese sobranceiro" desta manifestación cultural considerada de valor etnolóxico "senlleiro", que se celebra no municipio pontevedrés da Estrada.
López Campos lembrou que a Rapa das Bestas de Sabucedo xa é considerada de Interese Turístico Nacional e tamén Internacional e defendeu que reúne "todos os condicionantes" para formar parte do patrimonio cultural inmaterial de Galicia, xa que explicou que xoga un papel importante na identidade colectiva e que se trata dunha manifestación que está a ser preservada de xeito tradicional por unha comunidade, á vez que salientou que forma parte da "súa memoria colectiva".
Deste xeito, considerou xustificado iniciar así o procedemento para a súa declaración ao ser "sobranceira" e "sinónimo de tradición que segue viva", á vez que "patrimonio común".
O representante autonómico de Cultura, Lingua e Xuventude tamén puxo en valor que esta manifestación cultural inclúe a tradición da gandería extensiva e de manter os cabalos ceibos no monte e todos os elementos, traballos e actos que son necesarios para xuntar estes animais; baixalos ata aldea; e encerralos no curro para logo ceibalos de novo, concluídos e realizados todos os pasos da rapa.
Apertura dun período de información pública
Na súa resposta, López Campos avanzou que unha vez publicada a incoación no Diario Oficial de Galicia, suporá a salvagarda inmediata desta manifestación e apertura dun período de información pública.
Neste senso, precisou que o expediente conterá os informes técnicos necesarios, elaborados desde as disciplinas científicas aplicables á natureza do ben, "que xustifiquen a súa relevancia e valor cultural destacado". De igual xeito, apuntou que para proceder á declaración de Ben de Interese Cultural será necesario o informe favorable e motivado sobre o seu valor cultural sobranceiro. Finalmente, indicou que corresponde, por último, ao Consello da Xunta, acordar mediante decreto, a declaración de interese cultural.