Valentín García agradece o compromiso de Coca-Cola para promover o uso da lingua

  • O secretario xeral da Lingua entrega o premio autonómico a Teresa Hang Rigueiro do colexio San José de Lugo
  • O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude sinalou a importancia de accións como esta que poñen de manifesto "a relevancia do uso da lingua galega entre a mocidade"

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na entrega de premios da 15ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto de Galicia onde destacou a importancia de impulsar iniciativas como esta que promoven o uso da lingua, nomeadamente entre a mocidade.

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude foi o encargado de dar o premio a Teresa Hang Rigueiro Veloso, alumna do colexio San José de Lugo, gañadora na fase autonómica. Na entrega, Valentín García sinalou que é un orgullo formar parte dun certame que recoñece "a mocidade que escribe e fala en galego" e puxo en valor a calidade dos traballos recoñecidos. "Certames como este supoñen unha garantía de que o galego ten futuro e que será brillante", engadiu.

O Concurso Coca-Cola Novos Talentos do Relato Curto de Galicia está promovido por Coca-Cola co apoio da Xunta de Galicia co obxectivo de fomentar a escritura creativa entre a mocidade. Como premio, a gañadora da edición autonómica deste ano viaxará coa súa mestra a Madrid para participar, cos outros galardoados, nos talleres de escritura creativa.

No certame tamén resultaron vencedores Daniela Pedrosa Martínez, do colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa, na Coruña; Iria Puentes López, do instituto As Lagoas de Ourense e Hugo Acosta Fernández, do colexio Santiago Apóstol de Soutomaior, en Pontevedra.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
254967 {"title":"Valentín García agradece o compromiso de Coca-Cola para promover o uso da lingua","published_date":"2024-06-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"254967"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-10/254967-valentin-garcia-agradece-compromiso-coca-cola-promover-uso-da-lingua https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.