A Xunta colabora coa Asociación Sagrado Corazón no campamento deportivo que desenvolverá a última semana de xuño

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Está orientado a menores de entre 6 e 14 anos e terá sedes en Lugo, Portomarín e Castro de Rei

Lugo, 17 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia colabora coa Asociación Prestadora de Servizos á Xuventude Sagrado Corazón na organización do campamento deportivo que desenvolverá entre os días 24 e 28 de xuño en distintas sedes de Lugo, Castro de Rei e Portomarín. A iniciativa foi presentada hoxe na Delegación Territorial de Lugo polo delegado, Javier Arias, e o responsable da entidade, Óscar Engroba.

AXSC Multicampus ofrece distintas modalidades deportivas, como fútbol, baloncesto, volei, tenis, pádel ou danza moderna, dirixidas por adestradores profesionais. Cada participante escolle unha disciplina, a que adicará unha importante parte da xornada, especialmente en horario de mañá. Polas tardes realizarán actividades como tiro con arco, manexo de drons, piscina e outras propostas de ocio. Ademais, pasarán un día no parque acuático de Cerceda.

Ofertan 150 prazas en cada sede, para menores de entre 6 e 14 anos, e as inscricións poden realizarse ata este xoves a través da páxina web do campamento. O horario será de 10.00 a 19.30 horas, con opción de adiantar a entrada -desde as 8.30 horas- para facilitar a conciliación das familias.

Así mesmo, os campamentos de Castro de Rei e Portomarín contarán con servizo de transporte para nenos e nenas dos municipios da contorna. No primeiro caso, un autobús recollerá aos participantes de Outeiro de Rei, Cospeito, Meira e Pol. A Portomarín irán dúas rutas: a primeira por Sarria e Paradela, e a segunda por Antas de Ulloa e Monterroso.

Entre as accións previstas figura un acto promocional de apoio á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, que se celebrará en Portomarín o martes, día 25, pola mañá, e reunirá a todos os participantes dos tres campus.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
271955 {"title":"A Xunta colabora coa Asociación Sagrado Corazón no campamento deportivo que desenvolverá a última semana de xuño","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150801\/170624Multicampus++1.jpeg","id":"271955"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/271955-xunta-colabora-coa-asociacion-sagrado-corazon-campamento-deportivo-desenvolvera-ultima-semana-xuno https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.