O espírito Ribeiro 2024 preséntase na Casa de Galicia en Madrid

Imagen del artículo O espírito Ribeiro 2024 preséntase na Casa de Galicia en Madrid

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

Madrid, 13 de xuño de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na presentación da IV edición do Festival espírito Ribeiro que acollerán as vilas ourensás da Arnoia, Cenlle e Castrelo de Miño, unha marca experiencial que se articula ao redor de tres días de actividades (música, gastronomía, viños) e unha selección de expositores de Artesanía de Galicia nos tres concellos os próximos 28, 29 e 30 xuño.

Tras o éxito das anteriores edicións, este consolidado Festival presentouse onte, por primeira vez, en Madrid na Casa de Galicia, onde reuniu a máis de douscentos convidados entre os que se atopaban autoridades, medios de comunicación, así como representantes do sector enolóxico e gastronómico.

Non faltaron a esta cita autoridades como o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén Castro; o director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros Guinarte, e os alcaldes de Castrelo de Miño, da Arnoia e de Cenlle, Avelino Pazos, Rodrigo Aparicio e Rebeca Sotelo, respectivamente. Seguidamente, o viño D.O. Ribeiro e unha degustación dalgúns dos seus produtos gastronómicos locais mostraron o rico patrimonio enogastronómico da rexión.

Pola súa banda, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, definiu este festival como un escaparate idóneo para a promoción do viño galego e doutros produtos alimentarios locais. Destacou ademais que este tipo de xornadas facilitan o acceso dos produtores a un espazo expositivo e favorecen tamén os circuítos curtos de comercialización.

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, en representación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que colabora na organización do festival Espírito Ribeiro apoiando a presenza de artesáns e da realización de obradoiros co fin de promover as súas creacións locais e o mercado de proximidade, así como de difundir o seu talento. Deste xeito, expuxo o director xeral, trátase de pór en valor o potencial do territorio do Ribeiro e de visibilizar a súa oferta artesanal e de emprendemento.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
262332 {"title":"O espírito Ribeiro 2024 preséntase na Casa de Galicia en Madrid","published_date":"2024-06-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278522\/espirito-ribeiro.jpg","id":"262332"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-13/262332-espirito-ribeiro-2024-presentase-na-casa-galicia-madrid https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.