A Xunta colabora coa organización do 19º congreso estatal de salas de música en vivo, que se celebra en Lugo do 18 ao 20 de xuño

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial, Javier Arias, e o director de Agadic, Jacobo Sutil, participaron hoxe na presentación deste encontro no que participarán máis de 70 responsables de locais de toda España

Lugo, 12 de xuño de 2024

A Xunta colabora coa organización do 19º Congreso Estatal de Salas de Música en Vivo, que se desenvolverá en Lugo os días 18, 19 e 20 de xuño organizado pola Asociación Estatal de Salas Privadas de Música en Directo (ACCES).

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, e o director da Axencia Galega das Industriais Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participaron hoxe na presentación do programa na Delegación Territorial da Xunta xunto cos representantes da asociación promotora (ACCES) Alberto Grandío -actual presidente -; e Tino Freijo.

O congreso reunirá en Lugo entre 70 e 80 representantes de locais de música en directo de toda España para abordar en común temas de interese para o sector. Dentro da programación figuran paneis e talleres sobre dixitalización, protocolos contra as violencias sexuais, seminarios sobre contratación, plans de seguridade para espazos de música en vivo e novos modelos de financiamento. Tamén se presentará un decálogo de accesibilidade para salas de concertos, entre outros asuntos.

O encontro comezará o martes 18 coa celebración da 20ª asemblea xeral de ACCES, tras a cal os participantes se desprazarán á sede da Xunta para participar nun acto de benvida. A programación inclúe os concertos de Alberto & García e Gilipojazz en espazos de música lucenses; e péchase o xoves 20 cunha visita cultural pola cidade. Tamén haberá un recoñecemento da SGAE á sala Clavicémbalo pola súa traxectoria.

Arias e Sutil salientaron o apoio da Xunta aos locais de concertos con medidas como a convocatoria de subvencións da Rede Galega de Música ao Vivo, que destina 400.000 euros á programación 2024-2025 co obxectivo de impulsar uns 300 concertos en 13 salas galegas. O obxectivo é garantir a estabilidade na oferta musical en directo, máis alá de eventos de gran formato como os festivais, ao tempo que se fomenta a contratación de solistas e grupos galegos e a presenza nos carteis de artistas femininas.                        

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
259157 {"title":"A Xunta colabora coa organización do 19º congreso estatal de salas de música en vivo, que se celebra en Lugo do 18 ao 20 de xuño","published_date":"2024-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278510\/120624+Congreso+ACCES.jpg","id":"259157"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-12/259157-xunta-colabora-coa-organizacion-do-19-congreso-estatal-salas-musica-vivo-se-celebra-lugo-do-18-ao-20-xuno https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.