A Xunta e a Fundación Repsol fomentan a literatura galega coa XVIII edición do Premio Narrativa Breve

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Este galardón inclúe a publicación da novela coa Editorial Galaxia e unha contía económica de 12.000 euros

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a xerente de Relacións Institucionais de Fundación Repsol, Mercedes Gómez, firmaron hoxe o convenio que dá lugar á nova convocatoria do Premio Narrativa Breve en lingua galega. Na que será a súa décimo oitava edición, este galardón ofrece a posibilidade ao gañador de publicar a súa obra coa Editorial Galaxia e unha dotación económica de 12.000 euros.

O obxectivo desta iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Repsol promove e reforza a creación literaria en galego para dar a coñecer novos escritores. Tal e como salientou o titular da Consellería, "na nosa Comunidade  máis do 60% da poboación afirma ler en galego tanto de xeito habitual coma ocasional e iso é grazas á contribución de premios coma este, que xa contan con anos de traxectoria". Neste senso, desde o nacemento deste premio no ano 2006, presentáronse máis de 500 obras orixinais, "isto denota o amplo volume de creación de obras na nosa lingua", indicou o representante da Xunta.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos e a xerente de Relacións Institucionais de Fundación Repsol, Mercedes Gómez, firmaron o convenio para a promoción de este premio acompañados polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral da Editorial Galaxia, Xosé Manuel Soutullo.

Nesta edición, a convocatoria para enviar as obras estará aberta ata o próximo 31 de xullo e os autores deberán remitir textos orixinais e escritos en galego, tal e como establece a normativa da Real Academia Galega, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 120. Unha vez pechado o prazo, será un xurado o que decidirá a obra gañadora que se dará a coñecer no mes de setembro. Este tribunal estará composto por cinco membros, que representarán á Xunta de Galicia, á Fundación Repsol, á Real Academia Galega, á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e á Editorial Galaxia.

O Goberno galego colabora co Premio de Narrativa Breve desde o seu nacemento, no ano 2006, cando foi creado polo Complexo Industrial de Repsol. Esta iniciativa que fomenta a difusión da cultura e a lingua galegas, conta co apoio da Real Academia Galega e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así como a colaboración coa Editorial Galaxia, que sempre edita as obras que acadan o galardón.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278672 {"title":"A Xunta e a Fundación Repsol fomentan a literatura galega coa XVIII edición do Premio Narrativa Breve","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150810\/240620_CulturaLinguaXventd_AsinaCnvenio_MAC-0.jpg","id":"278672"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278672-xunta-e-fundacion-repsol-fomentan-literatura-galega-coa-xviii-edicion-do-premio-narrativa-breve https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.