A Fundación Cidade da Cultura renovará a través dun concurso público a dirección de acción cultural para abrir unha etapa nova na súa programación
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A institución procura avanzar na internacionalización e dixitalización da cultura galega, no apoio á comunidade de creadores e na descentralización do Gaiás, transformándoo nunha factoría que exporte contidos a centros de dentro e fóra de Galicia
- A decisión pon fin a unha etapa de máis de doce anos con María Pereira Otero á fronte deste departamento, período no que a Cidade da Cultura consolidouse como unha das institucións culturais máis dinámicas da comunidade
- Nos próximos días aprobaranse as bases do concurso público para a elección da nova dirección seguindo os principios de transparencia, mérito e capacidade
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2024
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia anuncia un concurso público para renovar a súa Dirección de Acción Cultural, convocatoria coa que busca abrir unha etapa nova na súa programación. Con esta decisión, a institución procura afondar na dixitalización e internacionalización da cultura, no apoio á comunidade de creadores e na descentralización do Gaiás, obxectivos recollidos no II Plan Estratéxico 2021-2027.
A renovación busca darlle un impulso á actividade do Gaiás tras doce anos con María Pereira Otero á fronte da Dirección de Acción Cultural. A Fundación quere recoñecer a profesionalidade do traballo de María Pereira ao longo dun período no que o Gaiás consolidouse como unha das institucións culturais galegas máis dinámicas.
A elección da nova Dirección de Acción Cultural realizarase a través dun concurso público, cuxa convocatoria terá lugar nos próximos días, un proceso transparente que cumprirá cos criterios de mérito e capacidade para a selección da candidatura idónea.
María Pereira
Desde a súa chegada en 2012, un ano despois da apertura da Cidade da Cultura, a xestión de María Pereira contribuíu a artellar, facer medrar e consolidar un programa de referencia, con eventos tan recoñecidos como Escenas do Cambio, o Encontro de Artistas Novos, Atardecer no Gaiás ou ciclos como Reb/velas na paisaxe ou Ópticas contemporáneas.
Da súa etapa destaca o traballo no Museo Gaiás. Exposicións internacionais como Auga Doce, Camiños creativos, Carne y Arena ou proxectos como Da árbore á cadeira, Pensar coas mans ou a recentemente inaugurada Outras historias posibles, entre outras moitas, converteron este Museo nun dos grandes centros expositivos do Norte de España. Tanto é así que o programa cultural recibiu o aval de institucións como a Fundación Contemporánea, que, a través do seu Observatorio da Cultura, situou o Gaiás como a primeira institución cultural galega do 2023, e sempre entre as tres primeiras posicións nos últimos anos.