A Sala Ártika programa 42 funcións de 29 compañías escénicas ata final de ano co apoio da Xunta

Imagen del artículo A Sala Ártika programa 42 funcións de 29 compañías escénicas ata final de ano co apoio da Xunta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O escenario vigués celebra 10 anos de cultura e arte con teatro familiar, espectáculos para público adulto e danza, combinando as propostas das compañías galegas Ibuprofeno, A Panadaría, Redrum, Os Náufragos, De Ste Xeito e a residente Ártika Cía. con montaxes procedentes de fóra de Galicia
  • O espazo recibe 75.000 euros como membro da Rede Galega de Salas, integrado polos beneficiarios da liña de axudas ás salas privadas de artes escénicas á que a Consellería de Cultura destina en 2024 un total de 200.000 euros

Vigo, 10 de xuño de 2024

A Sala Ártika presentou hoxe a programación que lle ofrecerá ao público no segundo semestre do ano, deseñada no marco  celebración do seu 10º aniversario e para a que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da convocatoria anual de subvencións a salas privadas de artes escénicas. Neste 2024, o espazo vigués percibe unha achega de 75.000 euros como integrante da Rede Galega de Salas, un dos circuítos de espectáculos promovido pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Estas axudas financiaron cun total de 200.000 euros o desenvolvemento das propostas programáticas de Sala Ártika e Teatro Ensalle en Vigo, así como Teatro del Andamio e Sala Gurugú na Coruña.

 

Así o explicou o director das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, en Vigo, onde acompañou a Marcos Alonso e a Fernanda Barrio, titulares da sala, no acto de presentación.  Sutil asegurou que a través da devandita canle de apoio, garántese a estabilidade no funcionamento deste tipo de espazos, mediante a cobertura dos custos derivados do mantemento da súa actividade, ao tempo que se lles recoñece o seu destacado papel ao servizo da difusión e da creación de públicos para o sector. 

 

Explicou tamén que para a concesión das axudas, a comisión de valoración ten en conta o proxecto de programación, con aspectos como o número de funcións ou a contratación de compañías galegas, ademais dos plans de financiamento, de comunicación ou de creación de públicos, "cuestións nas que Sala Ártika leva traballando de forma exemplar durante estes dez anos de existencia, en combinación coa dinámica de creación como compañía artística", sinalou.

 

Unha década programando propostas escénicas en Vigo

Baixo o lema Resistimos, existimos: Dez anos de acción na Sala Ártika, a directiva da sala debullou unha programación que acollerá ata decembro 29 compañías e porá en escena 42 representacións de teatro familiar, espectáculos para público adulto e danza. Para os seus responsables, trátase dunha programación completa e variada coa que o espazo festexa dez anos de cultura e arte, nos que a escena galega tivo sempre un papel destacado, ao tempo que se fixo un notable esforzo por achegarlle á cidade algunhas propostas de relevancia no ámbito estatal.

 

A carteleira prevista para o segundo semestre dará comezo en setembro co festival de teatro amador FEGATEATRO, organizado pola compañía Fauna 113, creada na propia Sala Ártika. Participarán seis compañías afeccionadas de Galicia e Portugal, que entre os días 6 e 15 dese mes presentarán as súas propostas durante dúas fins de semana.

 

Tamén en setembro, o XXII Circuíto de Creación Escénica Contemporánea organizado pola Red de Teatros Alternativos volve facer parada en Galicia con Ártika como único espazo destinatario. Desta volta, o público poderá gozar do espectáculo de danza-teatro Blink Magic, concibido pola compañía Blink Flash (Cataluña) para público familiar, e tamén da montaxe para público adulto Rumbo a Farout, de Onírica Mecánica (Murcia).

 

Do 19 de outubro ao 17 de novembro terá lugar o V Ciclo de Comedia Comediártiko. Nesta ocasión, cos espectáculos Paella, da compañía Tarambana (Madrid); Neuras, de De Ste Xeito Producións; Charco a la vista, da Compañía Utopian (Euskadi); As que limpan, de A panadaría (Galicia); e Y ahora qué?, da andaluza Producciones circulares.

 

A cativada seguirá a ter un espazo destacado na programación grazas ao Festival Pequeártiko de Nadal, que conta cada vez cunha mellor acollida na cidade, e que na súa 10ª edición traerá a Vigo oito funcións de teatro familiar entre o 23 e o 31 de decembro. O certame arrincará o 23 de decembro coa peza Frankristina, de Bambalua (Castela e León); e continuará o 24 con Pum! Pum! Quen hai?, da compañía residente Ártika Cia.; o 26 con Bule-bule, de Os náugrafos teatro; o 27 con Celeste, de Luz, Micro y Punto (Asturias); o 28 con Quien dijo miedo, de LavieBel (Andalucía); o 29 con Uns sobre os outros, de Companhia Certa (Portugal); o 30 con La oruga de colores, de Títeres sin cabeza (Aragón); e o 31 con Garabanciña, de Migallas Teatro.

 

A actividade complétase coas propostas das compañías galegas Redrum e Ibuprofeno Teatro e as montaxes O pequeno poni e Smoke On The Water, respectivamente. Ártika Cía. estreará o seu novo espectáculo, Non pasarán, no mes de novembro; e Provisional Danza, Premio Nacional de Danza en 2007 na modalidade de creación, achegará en decembro a peza Seguimos enteras.

 

As entradas para todas as funcións estarán dispoñibles a partir de hoxe na web de Sala Ártika.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
254489 {"title":"A Sala Ártika programa 42 funcións de 29 compañías escénicas ata final de ano co apoio da Xunta","published_date":"2024-06-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278513\/Programacion_Artika1.jpg","id":"254489"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-10/254489-sala-artika-programa-42-funcions-29-companias-escenicas-ata-final-ano-co-apoio-da-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.