A Xunta reafirma o seu apoio á Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia no seu 40º aniversario

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude mantén a súa colaboración co Concello ribadaviense no marco da estratexia de apoio ás mostras de referencia para as artes escénicas galegas
  • O Centro Dramático Galego estreará no festival 'Nada se sabe', en coprodución con Culturactiva, como parte das actividades coas que tamén está a conmemorar as súas catro décadas de traxectoria
  • Recoñecidos nomes do teatro e a danza de dentro e fóra de Galicia danse cita nesta edición que, segundo a organización, será a máis plural, inclusiva e festiva da súa historia

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024

A Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia celebra este ano o seu 40º aniversario coa que será a edición "máis plural, inclusiva e festiva" da súa historia. Así se puxo de manifesto hoxe na presentación en Santiago de Compostela da programación que se desenvolverá do 19 ao 27 de xullo e para a que o Concello ribadaviense volve contar coa colaboración económica da Xunta no marco da súa estratexia de apoio ás mostras de referencia para as artes escénicas de Galicia.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, interveu no acto organizado no Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego (CDG), que tamén este ano conmemora as catro décadas da súa fundación como a principal institución escénica da Comunidade. O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude avanzou que "este periplo en paralelo traballando polo teatro do país" será celebrado conxuntamente coa presenza da compañía pública na carteleira da Mostra de Ribadavia, onde o 26 de xullo estreará Nada se sabe, coprodución con Culturactiva que forma parte da ampla programación do 40º aniversario do CDG.

Coprodución inaugural

Sutil anunciou, así mesmo, que o espectáculo inaugural desta edición será outra coprodución promovida pola Xunta de Galicia, neste caso a través do Centro Coreográfico Galego. Trátase de Dique, de Nova Galega de Danza con dirección de Marta Pazos, que precisamente terá a súa estrea absoluta o vindeiro 21 de xuño no Salón Teatro.

Participaron tamén na presentación desta 40ª edición da Mostra Internacional de Teatro o alcalde de Ribadavia, César Fernández; o director artístico do festival, Roberto Pascual, e o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, quen ofreceu máis detalles do espectáculo Nada se sabe.

Traballo a prol da inclusión

Nesta proposta, que afonda na liña de traballo inclusivo desenvolvida polo Centro Dramático Galego, dúas actrices e dous actores con diversidade funcional repasan diversas versións da discapacidade no teatro clásico, deténdose nunha adaptación moderna e sinxela de Filoctetes, unha das traxedias gregas de Sófocles, asinada por Manuel Lourenzo. Ignacio García, quen fora director do Festival de Teatro Clásico de Almagro, e Fran Rei dirixen esta peza a modo de creación colectiva, para a que contan tamén coas achegas de Francisco Sánchez e do elenco integrado por Carme García Rigau, Rubén Bargiela Sierpes, Corina Alfonso Maña e Elvis García Torres.

Durante os seus nove días de celebración, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia recibirá outras recoñecidas figuras da creación e dirección escénica, como Guillermo Calderón, Alice Ripoll, Alberto Conejero ou Esther Carrodeguas como parte dunha carteleira na que tamén figuran grande nomes do clown, como o arxentino Gabriel Chamé e a inglesa Peta Lily, así como as estreas en Galicia dos novos traballos de Alberto Velasco ou Los Galindos.

Documentais, coloquios, cursos e presentacións complementan a intensa programación de espectáculos, para a que xa están á venda os bonos en ataquilla.com. Poderán adquirirse por esta vía ata o 24 de xuño, data a partir da que as entradas restantes estarán dispoñibles tanto na oficina da mostra como na súa web.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
246143 {"title":"A Xunta reafirma o seu apoio á Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia no seu 40º aniversario","published_date":"2024-06-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/905933\/240606_mit_x-1.jpg","id":"246143"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-06/246143-xunta-reafirma-seu-apoio-mostra-internacional-teatro-ribadavia-seu-40-aniversario https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.