A Xunta colabora coa fundación SGAE na celebración dun Día Europeo da Música con acento galego

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Carolina Rubirosa, Gargantúa, De Vacas, Carlos Ares e o DJ set de Abraham Boba son as propostas escollidas para representar a diversidade musical do país na xornada festivaleira que terá lugar o vindeiro 21 de xuño
  • Os concertos de 'Acento. Día da Música' desenvolveranse no adro da sede SGAE, en Santiago de Compostela, con acceso libre para o público

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

A música galega e en galego é a protagonista do festival Acento, programado pola Fundación SGAE no adro da súa sede de Santiago de Compostela para o vindeiro 21 de xuño, cun cartel que conta coas actuacións de Carolina Rubirosa, Gargantúa, De Vacas, Carlos Ares e o DJ set de Abraham Boba. A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, apoia a quinta edición desta cita, que reivindica o uso do galego como lingua de expresión artística, ao tempo que conmemora o Día Europeo da Música con cinco propostas que recollen a variedade e calidade da nosa escena musical actual.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación do evento xunto ao presidente do Consello Territorial da SGAE, Teo Cardalda, e a Paula Romero e Guillerme Fernández, integrantes do grupo De Vacas. Na súa intervención, Sutil subliñou a pertinencia desta iniciativa que a Xunta de Galicia apoia desde a súa primeira edición como parte da súa estratexia de promoción da industria e do talento musical do país, con especial énfase no potencial da música escrita no noso idioma, que describiu como "un dos nosos principais sinais de identidade no mundo e unha marca que nos diferencia e nos posiciona no mercado global da música".

O director das Industrias Culturais asegurou que é necesario reivindicar a singularidade e calidade das nosas músicas, e darlles voz e visibilidade nunha xornada tan sinalada como o Día Europeo da Música, nunha acción que se integra nas políticas de fomento cara ao sector  impulsadas polo Goberno galego a través dos circuítos da Rede Galega de Música ao vivo, a Rede Galega de Teatros e Auditorios ou Cultura no Camiño. Neste sentido, citou tamén as axudas e patrocinios da Xunta para apoiar a celebración de festivais de música; ou a colaboración con convocatorias estratéxicas como o mercado das músicas entre Galicia e Portugal (MUMi), a celebración dos Premios Martín Códax da Música, entre outras.

Sutil lembrou que ao longo das edicións anteriores pasaron xa por esta celebración artistas como Tanxugueiras, Blanco Palamera, Néboa, Caamaño&Ameixeiras ou Momboi, e eloxiou a selección de artistas que reunirá esta nova festa da música en galego, "que volverá ser testemuño do excelente momento que atravesa a creación musical en Galicia", engadiu.

A carteleira de Acento. Día da Música arrancará o vindeiro venres ás 19,00 h. cos concertos de dous valores do Laboratorio de Creación Musical de Fundación SGAE Galicia: Carolina Rubirosa e Gargantúa, para continuar coa retranca do grupo De Vacas, que soará a partir das 20,15 h., e o novo pop de Carlos Ares, sobre as 21,45 h. Pechará a xornada Abraham Boba, líder da banda León Benavente, quen ofrecerá unha sesión como DJ.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274478 {"title":"A Xunta colabora coa fundación SGAE na celebración dun Día Europeo da Música con acento galego","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150804\/240618_DirectorAxenciaGalegasIndustrias_+RoldaPrensa_MAC-0.JPG","id":"274478"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274478-xunta-colabora-coa-fundacion-sgae-na-celebracion-dun-dia-europeo-da-musica-acento-galego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.