A Xunta organiza este sábado o Día da Xuventude en Tomiño con actividades de lecer saudable

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ofrece á xente nova alternativas de ocio con compoñente educativo
  • A praza do Seixo acollerá ata a tarde do sábado, 22 de xuño, actividades gratuítas de índole culinaria, artística, deportiva e realidade virtual

Tomiño (Pontevedra), 20 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia organiza este sábado o Día da Xuventude en Tomiño con actividades de lecer saudable para a mocidade no marco do programa que desde o mes de abril percorre unha trintena de concellos galegos. O encontro, que terá lugar o 22 de xuño na praza do Seixo, contará coa asistencia da directora xeral de Xuventude, Lara Meneses.

A xornada comezará ás 16,00 horas cun amplo abano de propostas para a mocidade. Trátase actividades gratuítas deseñadas para os mozos de entre 12 e 35 anos e prolongaranse ata as 21,00 horas, cando rematarán cunha actuación de DJ Brokktt. Os menores de 12 años que acudan acompañados tamén poderán xogar e desfrutar nun divertido espazo de construción.

As actividades propostas xiran en torno ás temáticas de lecer educativo, gastronomía saudable, dinamización do entorno, habilidades para a empregabilidade, educación en igualdade de xénero, sensibilización medioambiental e expresión artística. Así, a xuventude tomiñesa terá a oportunidade de participar en obradoiros como un taller de tiro con arco, unha demostración culinaria saudable, unha colaboración artística grafiteira ou un xogo de escape que inclúe a última tecnoloxía a través do uso de realidade aumentada. Todos aqueles que completen os xogos poderán levar un agasallo sorpresa.

Unha iniciativa que fomenta o ocio saudable e educativo

Tras o éxito da edición pasada cunha participación de 4.300 mozos e mozas, o Día da Xuventude achega de novo este 2024 á mocidade a un modo de ocio baseado en ámbitos saudables. O circuíto comezou en abril e este mes de xuño continuará o seu percorrido con próximas paradas en Ortigueira, o martes 25; San Cibrao das Viñas, o mércores 26; e Gondomar, o xoves 27. No mes seguinte, o evento terá lugar en Poio o mércores 3 de xullo. Toda a información e vindeiras datas están dispoñibles na web de Xuventude.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278675 {"title":"A Xunta organiza este sábado o Día da Xuventude en Tomiño con actividades de lecer saudable","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150807\/CartelDiaXuventudeTomino.jpg","id":"278675"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278675-xunta-organiza-sabado-dia-da-xuventude-tomino-actividades-lecer-saudable https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.