A Xunta destina 800.000 euros aos novos espectáculos de 29 compañías galegas de artes escénicas

Imagen del artículo A Xunta destina 800.000 euros aos novos espectáculos de 29 compañías galegas de artes escénicas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publica a concesión das axudas á creación escénica, a través das que subvenciona sete propostas de novas formacións, cinco pezas de danza e 15 espectáculos de teatro, circo e maxia
  • Elefante Elegante e Chévere son as beneficiarias na modalidade de actividade escénica plurianual, recibindo 100.000 e preto de 97.000 euros respectivamente para desenvolver a súa planificación artística e empresarial ata 2026

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia acaba de publicar a resolución de concesión da súa convocatoria anual de subvencións á creación escénica, a través da que contribúe con 800.000 euros á produción dos novos espectáculos de 29 compañías galegas. A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude distribúe estes fondos entre 15 propostas de teatro, maxia e novo circo, sete de empresas de recente traxectoria e cinco pezas de danza e artes do movemento, ademais de entre as dúas formacións beneficiarias na modalidade de proxectos plurianuais.

Nesta última categoría, Elefante Elegante e Chévere reciben 100.000 euros e preto de 97.000 euros, respectivamente, para o desenvolvemento do seu plan artístico e empresarial ata 2026, que en ambos os casos inclúen dúas producións principais. Búscase, así, facilitar o funcionamento dos equipos e proxectos de empresas teatrais xa consolidadas, subvencionando a súa planificación a tres anos vista con, cando menos, unha produción e unha xira de 70 funcións tanto en Galicia como no mercado exterior.

De Excéntricas a Pistacatro

No referente á modalidade para espectáculos de teatro, circo e maxia, a Xunta cofinancia as novas propostas escénicas de 15 compañías. É o caso de As desterradas, de Producións Teatrais Excéntricas con dirección de Quico Cadaval, que propón un debate sobre a memoria histórica; Non pasarán, de Ártika Cía. baixo a dirección de Tito Asorey; Farsas, a nova peza de Contraproducións, dirixida por Cándido Pazó a partir dunha reflexión sobre a lingua como nexo de unión; Reconversión, de Ibuprofeno Teatro con texto e dirección de Santiago Cortegoso; a comedia O último home, de Ainé Producións, e As gardiás, de Ningures, sobre a loita das traballadoras da industria téxtil.

Nesta listaxe de espectáculos, tamén se atopan outras pezas con temática de marcado carácter social, como Vida, de Culturactiva, sobre a situación do pobo palestino; A cincenta que non quería comer perdices, de Sarabela Teatro, dirixida ao público máis novo para abordar a violencia de xénero e o amor romántico; Guerra, de Teatro do Noroeste, sobre as consecuencias da guerra en Ucraína, e Ubasute, de Berrobambán, que poñerá en escena un dos máis recentes textos da dramaturga Paula Carballeira, no que reflexiona sobre o abandono das persoas maiores. Ademais, reciben cadansúa axuda dúas obras de teatro que toman o medio ambiente como eixo central da historia: Sol Fuerza, de aAntena, e Os contos de Lobicán, de Redrum Teatro.

Tamén obteñen financiamento os espectáculos de circo Catch, de Pistacatro, co que a compañía continuará reflexionando sobre o malabarismo; e Circo de Pinocho, de Educateatro, que busca devolverlle a esta disciplina o lugar que ocupou noutro tempo. Finalmente, apóiase a montaxe de monicreques de Títeres Cachirulo Nana Bunilda, que reflexionará sobre os coidados que recaen nas mulleres.

Danza e espectáculos de novas formacións

En canto á categoría de danza e artes do movemento, son cinco as montaxes subvencionadas. Trátase de Baleiro, de Teatro Ensalle; Beltenebros, de Javier Martín; Dance Join, de Marta Alonso Tejada; Ruar, de VACAburra, e Aurora Boreal, de Paula Quintas.

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude contribúe tamén ao financiamento dos proxectos escénicos de sete compañías de recente fundación, tanto de teatro como de danza. Daniel Rodríguez con Livres, Lagriot'te con O rexurdimeno do divino sainete, Julia Laport con Para que non me deixes aquí soa, Morraoconto con Tromso, Amorodio Teatro con Cortello de amor, Eva Comesaña con Perder a lingua e NegroLópez coa peza #Influencers.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
282989 {"title":"A Xunta destina 800.000 euros aos novos espectáculos de 29 compañías galegas de artes escénicas","published_date":"2024-06-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150819\/Creaci%C3%B3nEsc%C3%A9nica_Agadic+.jpg","id":"282989"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-23/282989-xunta-destina-800-000-euros-aos-novos-espectaculos-29-companias-galegas-artes-escenicas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.