A Xunta salienta o labor dos programas do voluntariado social para evitar a exclusión social da mocidade en situación de vulnerabilidade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Xuventude anima á participación nestas accións para construír unha sociedade "máis humanizada, xenerosa, tolerante e saudable"

Lugo, 19 de xuño de 2024

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, puxo en valor o labor que desenvolven os programas de voluntariado social que traballan con persoas mozas en risco de exclusión social e situación de vulnerabilidade. Fíxoo durante a súa visita en Lugo á Fundación Juan Soñador, entidade sen ánimo de lucro implicada nestas accións e que está inscrita, desde 2005, no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.

Nesta visita, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou a importancia do voluntariado social como un "xermolo fundamental para a cohesión" dunha comunidade e, polo tanto, animou á participación da sociedade para continuar a seguir dando pasos na construción dunha sociedade "máis humanizada, xenerosas acolledora, respectuosa, tolerante e saudable". 

A Fundación Juan Soñador resultou gañadora dos Premios Galicia de Acción Voluntaria co proxecto 'Acompañando Soños, Transformando Realidades'. Trátase dun programa de continuidade que lles leva á mocidade, a través do ámbito escolar, e á cidadanía en xeral, o valor do voluntariado. Desde o ano 2019, momento no que puxeron en marcha estas actuacións de sensibilización, 1.150 nenos, nenas e adolescentes participaron neste proxecto, desenvolvido en Vigo, A Coruña, Lugo e Ourense. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
276701 {"title":"A Xunta salienta o labor dos programas do voluntariado social para evitar a exclusión social da mocidade en situación de vulnerabilidade","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150807\/LaraMeneses_VoluntariadoSocial.jpg","id":"276701"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276701-xunta-salienta-labor-dos-programas-do-voluntariado-social-evitar-exclusion-social-da-mocidade-situacion-vulnerabilidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.